spot_img
InicioBaixo MiñoDescubre os encantos do Parque Natural Monte Aloia da man da Fada...

Descubre os encantos do Parque Natural Monte Aloia da man da Fada do Aloia nunha ruta guiada pola Senda Botánica

descubre-os-encantos-do-parque-natural-monte-aloia-da-man-da-fada-do-aloia-nunha-ruta-guiada-pola-senda-botanicaO Concello de Tui, dentro do programa Rutas de Natureza, convida a descubrir os encantos do Parque Natural Monte Aloia da man da Fada do Aloia nunha ruta guiada este próximo sábado, 1 de xuño, pola Senda Botánica.

Revista Cousas de nº21

A saída será ás 10.00 h dende o aparcamento situado nas proximidades do Centro Interpretación. No percorrido pola Senda Botánica  as persoas participantes, seguindo as indicación de A Fada do Aloia, poderán coñecer algunhas as especies, tanto de flora coma fauna, que hai neste parque natural. A ruta con dificultade baixa.

É unha actividade dirixida especialmente ás familias. A través de contos, xogos e actividades interactivas, as e os máis pequenos gozarán aprendendo sobre a flora e fauna do parque mentres se divirten.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

Ofértanse 25 prazas. As persoas interesadas deben inscribirse na Oficina de Turismo, no Paseo da Corredoira, no correo turismo@tui.gal, ou no teléfono 677 41 84 05.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.