spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorA Deputación de Pontevedra investirá preto de 500.000 euros na renovación do...

A Deputación de Pontevedra investirá preto de 500.000 euros na renovación do musealización do Castelo de Soutomaior

deputacion-e-concello-de-soutomaior-unidos-para-valorizar-o-casteloA institución provincial investirá no proxecto preto de 500.000 euros para renovar os contidos e a formalización museográfica do Castelo destacando a súa importancia no territorio, o seu valor simbólico e a súa traxectoria histórica

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a adxudicación do deseño, subministración e instalación da musealización do Castelo de Soutomaior. En total, presentáronse ao concurso para levar a cabo o proxecto cinco empresas das cales a que obtivo a maior puntuación foi “Croquis Dissenys Muntatges i Realitzacions S.A.”, cunha oferta de 497.310 euros a través da que se renovarán os contidos e a formalización museográfica do Castelo.

O proxecto que se levará a cabo en Soutomaior nos próximos meses ten por obxectivo destacar a importancia do castelo no territorio, o seu valor simbólico e a súa traxectoria histórica. Trátase dunha actuación que, en palabras da Presidenta da Deputación, Carmela Silva, “permitirá promover, impulsar, protexer, preservar e darlle máis valor a este monumento declarado Ben de Interese Cultural”.

Este novo proxecto para o Castelo de Soutomaior era o paso que faltaba para completar o Plan de Viabilidade do Castelo de Soutomaior. Un plan que, tal e como recordou Carmela Silva, “xa comezamos a executar coas visitas teatralizadas e coas sendas peonís que tanto éxito teñen, e do que con este paso, unha vez rematada a súa execución, teremos acadado”.

A empresa que resultou adxudicataria do proxecto deberá executar os traballos nun prazo de 28 semanas. Así, en 10 semanas desde a sinatura do contrato deberá redactar o proxecto museográfico executivo, en 16 semanas executar, subministrar e instalar todos os elementos necesarios para a musealización e en dúas semanas elaborar os manuais de funcionamento e mantemento.

Máis polo miúdo, o proxecto de musealización delimitará unha zona de control de acceso ao castelo e aos xardíns e disporá dun espazo introdutorio. Amais, os eixos temáticos que incluirá a actuación abordarán dende os dez séculos de historia do Castelo de Soutomaior ata a importancia do enclave do recinto para o control do territorio, a linaxe dos Soutomaior, o asalto e a destrución do castelo a cargo das revoltas Irmandiñas, a fortaleza como centro de poder político e económico, as figuras de Pedro Madruga, Cristóbal Colón e da Marquesa de Ayerbe, as continuas adaptacións do castelo ou as reformas efectuadas dende o século XII ata o XX.

Amais destas actuacións, a empresa “Croquis Dissenys Muntatges i Realitzacions S.A.” aporta importantes melloras como ampliar ata en 24 meses máis o período de garantía do proxecto e ofrecer os contidos e información sobre o castelo ata en 10 idiomas, sete máis dos que a institución provincial esixía (galego, castelán e inglés).

Carmela Silva destacou que “a través deste grande proxecto o Castelo de Soutomaior se converterá, máis se cabe, nun foco de atracción turística e dinamización económica”.

Vistas ao Castelo de Soutomaior

A Presidenta da Deputación de Pontevedra aproveitou para facer tamén balance das visitas ao Castelo de Soutomaior este verán. Así, entre xuño e agosto deste ano visitaron o castelo 10.510 persoas o que supón un incremento do 45,2% no número de persoas que acudiron ao recinto con respecto ao verán pasado, cando foi visitado por 7.235 persoas.

Máis polo miúdo, Silva detallou que o mes que aglutinou máis visitantes foi o de agosto, con 4.751 persoas, un 35,7% máis que o verán pasado; xullo recibiu 3.843, un 68,1% máis que no mesmo mes de 2016 e xuño 1.916, o que supón un incremento de visitantes do 32,5% con respecto ao ano anterior.

Para setembro, a Presidenta provincial adiantou que “agardamos que a tendencia continúe xa que seguen a desenvolverse as visitas teatralizadas, que terán lugar o 4, 7, 11, 14, 18, 21, 25 e 28 e que, dende hai meses, teñen todas as prazas esgotadas”.

Sobre as visitas teatralizadas, Carmela Silva amosou a súa satisfacción xa que “esta mesma semana a web www.culturagalega.org, do Consello da Cultura Galega, noméanos como bo exemplo de visitas teatralizadas, cualificando de “todo un éxito” esta iniciativa que puxemos en marcha no 2016”.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.