Carmela Silva subliña a colaboración co Concello de Soutomaior para valorizar o castelo e o alcalde, Agustín Reguera alaba o proxecto da Deputación para poñer en valor as instalacións e os xardíns do entorno
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva destacou hoxe a colaboración co concello de Soutomaior e o seu alcalde, Agustín Reguera, co cal mantivo unha xuntanza, para poñer en marcha o proxecto de valorización do castelo de Soutomaior.
Silva adiantou que antes de final de ano é moi probable que se poidan presentar as tres rotas deseñadas e elaboradas para recorrer o conxunto do castelo e todo o seu entorno, “que presentaremos unha vez este concluída a sinalización e balizamento das mesmas e que permite coñecer a totalidade das instalacións”.
Ao respecto o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, agradeceu o traballo feito no proxecto de valorización do castelo e á propia Presidenta da Deputación xa que se trata de algo que vai a ser bo para todo o concello.
Para o próximo ano, tanto Carmela Silva como Agustín Reguera, coincidiron en comezar a traballar cara a poñer en marcha o proxecto de musealización do castelo ademais de aumentar o número de visitas teatralizadas e de personaxes que participan nelas, dada a grande demanda de persoas que queren participar.
A aposta da Deputación de Pontevedra co castelo é convertelo nun espazo de atracción turística na nosa provincia cun espazo adicado ao ocio familiar. O proxecto contempla melloras nos xardíns, plantacións e parque forestal; enriqueceranse os cultivos; dotarase de accesibilidade e mobilidade ó recinto; completarase o equipamento do parque; crearanse paseos e itinerarios polo recinto, áreas de picnic, merendas, obradoiros, etc.; impulsaranse actividades e exposicións, festas e mercadillos temáticos, teatros, música; poranse en marcha parques e espazos de xogos infantís así como micro-paisaxes ligadas ás colleitas dos principais produtos da zona como castañas, uva ou camelias, entre outros.
Carmela Silva destacou o grado de colaboración co alcalde de Soutomaior ao que agradeceu todas as súas aportacións ao plan director, como a ampliación dun dos sendeiros ate a “Silla da marquesa” ou como o maior valor a musealización do castelo.





