spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorCurso de aplicador de productos fitosanitarios en Soutomaior

Curso de aplicador de productos fitosanitarios en Soutomaior

Curso-aplicador-productos-fitosanitarios-SoutomaiorO Concello de Soutomaior acaba de abrir o prazo de inscrición para o Curso de Aplicador de Produtos Fitosanitarios, dirixido a agricultores profesionais e particulares do municipio. Trátase dunha acción formativa de nivel básico, cun total de 25 horas lectivas, enfocada aos veciños maiores de 16 anos que dispoñan de hortos e explotacións agrícolas.

Coa nova normativa, Real Decreto 1311/2012, de 14 de Setembro, a partir do 26 de novembro de 2015 todas aquelas persoas que manipulen esta clase de praguicidas deberán dispor obrigatoriamente do Carné de Manipulador de Produtos Fitosanitarios. O obxectivo deste curso é dotar aos alumnos e alumnas dos coñecementos e habilidades prácticas necesarias para a correcta manipulación destes produtos e facilitar a obtención da citada acreditación.

Este curso está recoñecido como un ciclo de nivel básico, ao ser de 25 horas presenciais, e está dirixido ao persoal auxiliar de tratamentos terrestres e aéreos, de establecementos de almacenamento, venda ou distribución de produtos, ademais da os agricultores que os utilicen na súa propia explotación sen empregar persoal auxiliar e utilizando praguicidas non clasificados como moi tóxicos.

O prazo de inscrición permanecerá aberto até o 21 de abril. O ciclo está subvencionado ao 50% polo Concello de Soutomaior e ten un custo, que inclúe a taxa de exame, de 40 euros para os alumnos empadroados en Soutomaior e de 80 euros para o resto de participantes. As clases impartiranse na Antiga Escola de Alxán os días 2, 9 e 16 de maio en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00. Os interesados en realizar a súa solicitude ou recibir máis información poden facelo chamando ao teléfono 986 700 822, na dirección de correo electrónico omix@soutomaior.com ou nas oficinas da OMIX, no edificio Multiusos de Arcade todas as tardes de 15:30 a 20:30 salvo os mércores de 09:00 a 14:00.

- Publicidade -spot_img