spot_img
InicioVigo e áreaVigo"Cuando acaba el día", a mostra de Concha Martínez Barreto no MARCO

“Cuando acaba el día”, a mostra de Concha Martínez Barreto no MARCO

Cuando acaba el día, a mostra de Concha Martínez Barreto no MARCOA exposición de Concha Martínez Barreto ‘Cuando acaba el día’, que lucirá no MARCO ata o próximo 14 de xaneiro

Revista COUSAS DE Nº18

Na inauguración da exposición estiveron acompañando á artista o alcalde de Vigo, Abel Caballero, a tenente de alcalde, Carmela Silva e o concelleiro de Cultura Gorka Gómez.

A obra de Concha Martínez Barreto destaca pola súa fidelidade a un núcleo de temas e obsesións que, mediante técnicas moi diversas, instálanse ineludiblemente entre o pasado e o vivencial.

Cuando acaba el día, a mostra de Concha Martínez Barreto no MARCO

‘Cuando acaba el día’, comisariada polo director do museo, Miguel Fernández-Cid, remite a un tempo nocturno, entendido como ese lugar de soidade e despoxamento do superfluo onde a artista se reencontra co pasado, co escondido e cos medios máis primarios.

O proxecto concibido para o MARCO é o máis ambicioso na traxectoria de Martínez Barreto e está articulado, como é habitual nas súas exposicións, a través de traballos pictóricos, fotográficos e escultóricos.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.