spot_img
InicioCondado ParadantaCovelo lanza a súa proposta anual de visitas guiadas e interpretadas

Covelo lanza a súa proposta anual de visitas guiadas e interpretadas

covelo-lanza-a-sua-proposta-anual-de-visitas-guiadas-e-interpretadasXornadas de portas abertas do Serradoiro dos Carranos e da súa aula da natureza e patrimonio etnográfico, roteiros guiados, observación do ceo nas catro estacións e saídas didácticas para escolares

Revista Cousas De Nº20

Fomentar hábitos de vida saudables, pór en valor o seu patrimonio natural e dinamizar o rural son algúns dos obxectivos da oferta de roteiros guiados e interpretados que o Concello de Covelo oferta ao longo do ano dun xeito estable, gratuíto e programado.

Neste 2024 seguiranse programando as xornadas de portas abertas do conxunto Serradoiro dos Carranos que alberga unha aula da natureza e interpretación do patrimonio etnográfico; roteiros guiados polo guía de montaña Julio Eiroa polas nove rutas locais; as visitas do alumnado do CEIP Antonio Rodríguez Blanco enmarcadas no proxecto RíosAldeasMontañas e os encontros de intrepretación astronómica, ademais dos roteiros polas dúas etapas da Vía Mariana ao seu paso por Covelo.

O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, sinala que con estas iniciativas dase a “coñecer o patrimonio natural e tamén histórico achegándose a el con respecto e guiados por profesionais que coñecen a fondo o territorio”.

Na programación que o Concello de Covelo vén de lanzar contémplanse un total de 12 xornadas de portas abertas do Serradoiro dos Carranos, unha por mes agás en marzo, e en decembro que se realizan dúas. Tamén se ofertan actividades de observación do ceo nas catro estacións marcadas para o mes de febreiro, abril, xullo e novembro baixo o título “Ceo de Inverno/Primavera/Verán/Outono. Paraxe Starlight”. Nove citas para camiñar e coñecer os  roteiros do Concello e Comunidades de Montes en Man Común e dúas saídas pola Vía Mariana completan a oferta.

Ademais, os escolares participarán nas tres saídas didácticas do proxecto RíosAldeasMontañas que difunde a riqueza medioambiental de Covelo.

A programación estable de roteiros e visitas guiadas finánciase a través de fondos propios  no marco do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra e responde á necesidade de difundir a importancia do respecto ao medio natural e de dar a coñecer este amplo patrimonio que en Covelo acada a súa máxima expresión.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.