spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorCorreos dedicará un selo a María Vinyals polo seu 150 aniversario

Correos dedicará un selo a María Vinyals polo seu 150 aniversario

correos-dedicara-un-selo-a-maria-vinyals-polo-seu-150-aniversarioO subdelegado do Goberno, Abel Losada, informa de que a Comisión Filatélica do Estado vén de aprobar a solicitude para que Correos emita un selo conmemorativo con motivo do 150º aniversario do nacemento da escritora e precursora do feminismo María Vinyals. O selo está xa incluído na programación de Correos para 2026.

A revista ‘Cousas de’ despídese cun número especial

Losada confirmoullo esta semana á tenente de alcalde e concelleira de Turismo do Concello de Soutomaior, Silvia Cernadas, e ao presidente da asociación de veciños/as Santa María, de Ponte Sampaio, José Luis López Carregal, impulsores desta iniciativa, que o pasado ano solicitaron a axuda do subdelegado.

O subdelegado agradeceu a colaboración do subdirector xeral de Réxime Postal, Rafael Crespo, e da secretaria da Comisión Filatélica do Estado, Nieves García, para autorizar unha proposta que contribúe a poñer en valor a figura dunha muller clave na historia cultural da provincia e de Galicia tanto pola súa traxectoria como pola súa vinculación co castelo de Soutomaior. A Comisión Filatélica é un órgano adscrito ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible.

Abel Losada engadiu que foi “un honor axudar na medida das súas posibilidades” para unha iniciativa que nace da inquedanza e do activismo cultural de Silvia Cernadas e José Luis López Carregal, “dúas persoas comprometidas coa sociedade como no seu día estivo comprometida María Vinyals”. Cernadas e López Carregal reivindicaron a figura de María Vinyals como icona do feminismo, así como no progreso cultural e social de Galicia.

Este selo vén continuar a difusión da figura histórica de Vinyals, que xa comezou coa creación da Escola de Igualdade María Vinyals na Deputación de Pontevedra no ano 2016, un foro que mantivo unha intensa actividade sempre a prol do pensamento feminista ata o cambio de goberno na Deputación tralas Eleccións Municipais de 2023.

Silvia Cernadas, ademais de tenente de alcalde e concelleira de Cultura e Turismo en Soutomaior, é escritora e historiadora e tense convertido nunha das principais divulgadoras sobre a historia do castelo de Soutomaior, que foi o elemento central da súa tese doutoral. Foi así como se achegou a María Vinyals, que ten presencia destacada nun dos libros que ten publicado: “As mulleres na historia de Galicia”. Pola súa banda, José Luis López Carregal é ademais coleccionista filatélico e tamén un estudoso da figura de Vinyals.

María Vinyals y Ferrés naceu en Soutomaior en 1875 e, segundo os datos máis fiables, faleceu en París en 1940, en plena ocupación nazi. Foi escritora, articulista, activista social, feminista e sufraxista. Foi unha das mulleres pioneiras no ingreso na Real Academia Galega, feito producido no ano 1906. A raíz do seu compromiso foi apodada como a “Marquesa Vermella”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.