spot_img
InicioBaixo MiñoA Copa Galega de Andainas 25 Kms rematará en Tui

A Copa Galega de Andainas 25 Kms rematará en Tui

Tui será a última sede dunha das probas do Open de Andainas 25 quilómetros, organizado polo Club Xistra de Vigo, en colaboración coa Federación Galega de Montañismo, o Concello de Tui e a Entidade Menor de Pazos de Reis.

O domingo 22 de outubro, dende o pavillón deportivo da Macoca, sairá esta quinta e última proba que resolverá os campións da Copa de Andainas de Regularidade de 25 Kms, tras as realizadas en Guláns, Fene, Cedeira e Taragoña (Barbanza).

copa-galega-andainas-25-kms-rematara-tuiA recollida das acreditacións empezará ás 08.00 horas, sendo a reunión técnica ás 08.45 horas e a saída ás 09.00 horas.

O trazado partirá dende o Pavillón da Macoca, subindo ata o Castro do Alto dos Cubos. Baixará cara ós muíños de Tripes e logo ascenderá ata a senda botánica e o Centro de Interpretación do Parque. Pasará pola Pedra do Acordo. A última ascensión será ata a Capela de San Xulián no Monte Aloia, para descender polo Rego de Pedra e retornar ó Pavillón da Macoca.

As inscricións aínda están abertas a través da páxina web www.xistra.org

 

- Publicidade -spot_img