spot_img
InicioGaliciaConvocada a XLIV edición do Premio Internacional Afundación de Periodismo Julio Camba

Convocada a XLIV edición do Premio Internacional Afundación de Periodismo Julio Camba

Convocada a XLIV edición do Premio Internacional Afundación de Periodismo Julio CambaAfundación, a Obra Social de ABANCA, convoca a XLIII edición do Premio Internacional Afundación de Xornalismo Julio Camba, dotado con 10 000 € para o artigo gañador e con pezas artísticas de autoría para as persoas finalistas. O prazo de envío de traballos, escritos en castelán, finalizará o próximo 30 de xuño. As bases están dispoñibles AQUÍ.

Cousas de revista nº16

A esta nova convocatoria pódense presentar todos aqueles artigos incluídos no xénero de xornalismo literario ou ben no de artigo de opinión, coa única condición de que só se pode achegar un texto por autor que fose recollido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2022 en calquera medio de comunicación, impreso ou dixital, de cabeceiras recoñecidas, tanto españolas como internacionais. A extensión máxima será de dúas páxinas no caso das edicións impresas e o seu equivalente no soporte dixital. As autoras ou autores poderán presentarse a título individual ou tamén poderán facelo no seu nome institucións públicas ou privadas, academias ou fundacións do ámbito de fala hispana que o consideren oportuno.

O xurado, formado por profesionais no campo xornalístico, literario e/ou académico, dará a coñecer inicialmente os tres artigos finalistas preseleccionados e, posteriormente, a persoa gañadora desta XLIV edición no transcurso da gala de entrega do galardón.

A persoa elixida sumarase á extensa nómina de premiadas e premiados desde a primeira edición en 1980: Gonzalo Fernández de la Mora, Luciano del Río Besada, Carlos García Bayón, Alfredo Conde, Bernardo Víctor Carande, Antonio Odriozola, Raimundo García Fernández, Adolfo Prego, José Montero Alonso, Rafael Landín Carrasco, Julio Sierra, Xesús Ferro Ruibal, Arturo Lezcano Fernández, Santiago Castelo, Torcuato Luca de Tena, Carlos Casares, Miguel Ángel Cuadrado, Juan Manuel de Prada Blanco, Diego Bernal López, Alfonso Eire López, César Casal González, Miguel Suárez Abel, Manuel Rivas Barros, Manuel Jabois Sueiro, Marino Gómez Santos, Eugenio Fuente, Fernando Savater, Felipe Benítez Reyes, Andrés Trapiello, Pedro Ugarte Tamayo, Ángela Vallvey Arévalo, Ramón Pernas López, José Manuel Otero Lastres, Ángeles Caso, Luis Ventoso, Ignacio Camacho, Ramón Loureiro Calvo, Miguel Anxo Murado, Ricardo Fernández Colmenero, Cristina Sánchez Andrade, Luís Pousa, Bibiana Candia e Manuel de Lorenzo Paradela, gañador da pasada edición.

JULIO CAMBA

Julio Camba (Vilanova de Arousa, 1884 – Madrid, 1962) pertence á estirpe dos grandes escritores que desenvolveron boa parte da súa actividade nos xornais, do mesmo xeito que Wenceslao Fernández Flórez, Josep Pla, Azorín, Álvaro Cunqueiro, Max Aub, Corpus Barga… Personaxe de biografía viaxeira, correspondente en distintos países, autor de espírito libre e talante liberal, a súa obra foi recollida en diversos volumes e é estudada tanto nas facultades de Literatura como de Xornalismo. Entre os seus títulos máis coñecidos destacan Haciendo la República (1934), Aventuras de una peseta (1942), La ciudad automática (1942), Alemania, impresiones de un español (1947), La rana viajera (1947), Un año en el otro mundo (1959), La casa de Lúculo o el arte de comer (1961), etc. A súa obra caracterízase pola imaxinación e o humor, a capacidade de observación e un espírito crítico, literario, que captura ao lector con intelixencia e extraordinaria eficacia, valores que se procuran mediante a convocatoria deste premio.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.