spot_img
InicioBaixo MiñoContinúan as labores de recuperación ambiental da ribeira do Miño no termo...

Continúan as labores de recuperación ambiental da ribeira do Miño no termo municipal de Tomiño

Continúan as labores de recuperación ambiental da ribeira do Miño no termo municipal de TomiñoNa actualidade estanse recuperando as parcelas de xestión municipal situadas nas inmediacións da Ponte da Amizade

O Concello de Tomiño continúa coa posta en marcha do programa de recuperación e posta en valor da ribeira do Miño. Na actualidade estanse levando a cabo intervencións nas parcelas de xestión municipal situadas a ambos lados da Ponte da Amizade, en Goián, enmarcadas dentro do Proxecto bianual de accións para a mellora do estado de conservación do bosque  de ribeira nos entornos da Atalaia e da illa Morraceira na Zona de Especial Conservación (ZEC) Baixo Miño, dentro da Rede Natura 2000.

A parcela situada na parte norte da ponte, xunto á vía de acceso, atopábase moi degradada debido aos sucesivos depósitos de residuos vexetais realizados nela, o seu uso como cargadeiro de madeira e os movementos de terra sufridos debido á construción da Ponte da Amizade. Para evitar estes usos, inapropiados nun espazo natural protexido que se pretende recuperar e situado nas inmediacións dun xacemento arqueolóxico (a Atalaia), procedeuse á instalación dun valado de madeira, que irá acompañado da plantación de árbores de ribeira e veiga.

Por outra banda, na parcela sur leváronse a cabo no pasado accións de eliminación de novas plantas de eucalipto e outras plantas exóticas como a acacia. Tamén se plantaron varias especies características da carballeira presentes en Tomiño, habilitando un roteiro botánico interpretativo cun panel de 15 placas identificativas para as respectivas especies mais outras dez nun percorrido polo bosque da ribeira.

Ata o de agora no marco do proxecto controlouse a proliferación de especies exóticas invasoras en distintas áreas da ZEC Baixo Miño como a Illa Morraceira, aínda que debido a ecoloxía e demografía destas plantas é preciso un labor de seguimento e monitorización para evitar que a reaparición poida botar por terra o traballo realizado.

O proxecto conta cun investimento de 24.197,40 euros, está cofinanciado pola Consellería de Medio Ambiente Territorio e Vivenda e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) e a súa finalización está prevista nos próximos meses.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.