spot_img
InicioVal MiñorNigránConstitúese formalmente o Padroado da Fundación Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia

Constitúese formalmente o Padroado da Fundación Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia

40-proxectos-empresariales-seleccionados-para-Fase-Academia-3ª-Edición-Aceleradora-Viagalicia-promove-Xunta-Consorcio-Zona-Franca

O Padroado acorda liderar un proxecto transfronteirizo para o desenvolvemento da I+D+i no sector empresarial

Apenas transcorrido un mes desde que se formalizase en Porto do Molle a Fundación Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia, hoxe xa se constituíu formalmente o padroado da devandita fundación no que se nomearon ao Reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Matogueira, como presidente, á Delegada do Consorcio da Zona Franca, Teresa Pedrosa, como vicepresidente e ao director xeral de Delta Vigo, Francisco Puga, como secretario.

constituese-formalmente-o-padroado-da-fundacion-centro-de-innovacion-aeroespacial-de-galiciaDurante a reunión que se celebrou esta mañá tamén se acordou a participación da Fundación no proxecto PINAET (Polo de Innovación Aeroespacial Transfronteirizo) proxecto que se encadra dentro da convocatoria Interreg do programa de Cooperación Transfronteiriza España – Portugal (POCTEP). Baseándose na posta en marcha do Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia como un novo polo estratéxico de excelencia científica e industrial no sector aeroespacial, este proxecto ten como obxectivo a mellora da excelencia científica e o desenvolvemento de I+D+i a través da colaboración interregional transfronteiriza con axentes empresariais. Así, o Centro Aeronáutico dará soporte e servizo a entidades relacionadas con este sector mellorando a competitividade rexional e promovendo a creación e consolidación de empresas e empregos cualificados.

Como se fixo público en novembro, esta fundación está constituída polo Consorcio da Zona Franca e a Universidade de Vigo como patróns fundadores de carácter público e como patróns fundadores de carácter privado por Airbus; o Consorcio Aeronáutico Galego (CAG); Delta Vigo e a Unión de Empresas Galegas de Aeronáutica (UDEGA). O obxecto da Fundación é poñer en marcha e xestionar devandito Centro que será o principal foco de innovación e desenvolvemento de todo o noroeste peninsular para este novo sector. O Centro de Innovación terá a súa sede no edificio tecnolóxico de Porto do Molle e contará con instalacións técnicas que estarán ao nivel das utilizadas pola European Space Agency (ESA).

As entidades fundadoras consideran que o papel principal do Centro de Innovación é potenciar a colaboración público-privada grazas á que moitas empresas provenientes doutros sectores afíns poderán participar e colaborar na fabricación de produtos con tecnoloxía de vangarda dos que se obterán elevadas marxes de beneficio.

Como parte das achegas do Consorcio da Zona Franca de Vigo, o Centro contará cunha superficie propia dentro do edificio tecnolóxico de Porto do Molle, edificio que tamén acollerá o próximo ano a un viveiro de empresas de transferencia destas tecnoloxías e, no resto das súas instalacións será sede de empresas privadas de alta tecnoloxía.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.