spot_img
InicioVal MiñorNigránConferencia sobre violencia de xénero e as novas tecnoloxías en Nigrán

Conferencia sobre violencia de xénero e as novas tecnoloxías en Nigrán

Conferencia-violencia-xénero-novas-tecnoloxías-Nigrán-Pantallas-AmigaO Concello de Nigrán celebrará o vindeiro martes 3 de febreiro unha conferencia co título “Violencia de Xénero e o novo contexto dixital”, no Salón de Actos Municipal ás 17.00 horas. Esta actividade, financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, desenvólvese no marco da Re de Entidades Locais contra a violencia de xénero.

Na conferencia abordarase o uso responsable e sen riscos das redes sociais, así como as estratexias para a prevención da violencia de xénero na adolescencia. Orientada principalmente a pais e nais, a charla será de acceso libre para calquera persoa interesada nesta cuestión.

A conferencia será impartida por Pantallas Amigas, unha entidade que conta cunha dilatada experiencia na impartición de formación para a promoción do uso seguro e saudable de Internet e as novas tecnoloxías na infancia e adolescencia.

Como complemento a esta actividade, Pantallas Amigas impartirá en horario matutino talleres da mesma temática no C.P.I. de Panxón, o I.E.S. Val Miñor e no I.E.S. Escolas Proval, nos que participarán un total de 234 alumnos.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.