spot_img
InicioVal MiñorNigránConciliar a maternidade e a vida laboral. Porto do Molle é o...

Conciliar a maternidade e a vida laboral. Porto do Molle é o primeiro Parque Empresarial de España en dispoñer dun lactario

Conciliar-maternidade-vida-laboral-Porto-Molle-primeiro-Parque-Empresarial-España-dispoñer-lactario

As responsables da firma Bialactis, empresa especializada en probióticos e análise de leite materno, presentaron hoxe en Porto do Molle o primeiro lactario que un parque empresarial pon a disposición das mulleres como un espazo que colabore a conciliar a maternidade e a vida laboral. Este lactario está situado na segunda planta do Centro de Negocios e é un servizo máis que o Consorcio da Zona Franca puxo en marcha en Porto do Molle para todas as persoas e empresas que queiran potenciar instrumentos de conciliación no ámbito empresarial. Teresa Pedrosa comprometeuse o pasado 8 de marzo en realizar esta instalación pioneira en España para apoiar e fomentar a lactación materna. “É para min un orgullo poder dicir que Porto do Molle é o primeiro parque empresarial de España en ofrecer un lactario para as máis de 200 mulleres que xa traballan no parque” dixo Pedrosa.

Durante a súa conferencia, Esther Dagá, directiva de Bialactis, explicou que un lactario é un espazo físico adecuado onde as nais gestantes poden descansar nun ambiente expresamente deseñado para elas e as lactantes poden extraer o seu leite materno e conservala refrigerada para logo transportala ao seu domicilio ao finalizar a xornada de traballo. A empresa Bialactis, que naceu na primeira edición da aceleradora ViaVigo, foi a consultora escollida polo Consorcio para levar a cabo esta instalación. Bialactis, baixo a súa marca comercial de Nutralactis, sacou ao mercado o primeiro complemento alimenticio baseado en probióticos específico para mulleres embarazadas e lactantes.

Como xa se avanzou, este lactario é un espazo que responde as necesidades das traballadoras de Porto do Molle que se atopen en período de lactación para que poidan facer compatible a súa vida laboral co mantemento da lactación materna unha vez concluído o período de baixa maternal. Segundo as directrices da OMS, a baixa de 16 semanas non é un tempo suficiente para poder ofrecer lactación materna exclusiva ás criaturas que debe continuarse, polo menos, ata os seis meses de idade.

Ao final da charla realizouse unha visita ás instalacións que consisten nunha sala con tres postos onde as nais poden extraer o seu leite materno e conservala refrigerada en forma simultánea, con elementos de confort e intimidade para que cada muller poida realizar a extracción do seu propio leite de maneira privada e absolutamente hixiénica. Para iso, cada módulo dispón dunha cadeira cómoda e unha mesa auxiliar adecuada para o apoio do extractor. A sala está equipada de lavamanos con auga fría/quente xabón líquido e toallas de papel e extractores eléctricos de leite e un armario refrigerado con compartimentos individuais con chave para garantir a seguridade do uso exclusivo da usuaria onde conservar os frascos de leite que estarán perfectamente identificados. En consonancia coa arquitectura do Centro de Negocios o lactario ten un deseño alegre que busca un ambiente tranquilo e que incita ao vínculo nai-fillo.

conciliar-a-maternidade-e-a-vida-laboral-porto-do-molle-e-o-primeiro-parque-empresarial-de-espana-en-disponer-dun-lactario

En función da poboación laboral de Porto do Molle estímase que tres postos individuais poden ser de momento suficientes xa que estes poden usarse de forma rotatoria mediante un sinxelo sistema de apuntar o horario para reservar a través da páxina web do parque.

Teresa Pedrosa resaltou que “cumprida a baixa maternal, a volta ao traballo das nais é unha das situacións que requiren maior apoio por parte das empresas, por iso é polo que no Consorcio ilusionámonos con poder ofrecer este lactario que fará máis fácil esa vontade crecente axudar ás mulleres que teñen un emprego remunerado para que, se o desexan, sigan aleitando aos seus fillos”

Na súa presentación, Esther Dagá explicou que aínda que a lei contempla o permiso dunha hora de lactación para aleitar ao bebé diariamente, en moitos casos, por mor das distancias entre o lugar de traballo e o bebé, isto non é factible, polo que este tempo pode utilizarse para extraerse o leite. Así nos lactarios obtense leite para as tomas do bebé do día seguinte e a nai que prefire seguir este sistema de alimentación natural pode manter a súa produción de leite.

LACTACIÓN MATERNA E SAÚDE
Baseándose en estudos científicos validados e actuais, institucións e organismos tan importantes como a OMS, UNICEF, a AAP (Asociación Americana de Pediatría) e a AEP (Asociación Española de Pediatría), recomendan aleitar ao bebé de maneira exclusiva durante o seu primeiros seis meses de vida e combinar a lactación con alimentación variada ata os dous anos. Estes estudos demostran os beneficios da lactación materna para a saúde da nai e o bebé.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.