O vindeiro venres 7 de xullo Carlos Núñez estará de concerto nos Xardíns do Parador de Baiona. As entradas para este concerto pódense adquirir na web www.ataquilla.com
Como xa é tradición no verán, Carlos Núñez volta coa súa xira “Lugares Máxicos” seleccionando emprazamentos fermosos do noso patrimonio natural, arquitectónico, ou histórico, onde a música poda ser desfrutada no mellor contexto posible, algo que non sempre é facil nos concertos de verán ao aire libre.
Na procura dun turismo e unha cultura que permiten o disfrute da música, dos lugares, sen masas, con espazo, cun consumo moderado da enerxía, Carlos Núñez proponnos dende hai anos un novo sistema máis respetuoso coa nosa música e o noso entorno.
O horario está pensado para aproveitar ao máximo a luz solar e a beleza do lugar, aproveitado tamén o momento máxico do solpor – sen fialo todo a un show de luces artificiais – , fomentando o aforro enerxético e reducindo o impacto por emisións, coa maxia dun fin de festa pola noite.

Estes concertos moitas veces contan con convidad@s da localidade, na maior parte dos casos mocidade que así viven unha experiencia que agradecen e moitas veces da froitos no futuro, en xeral aprendendo Carlos e o grupo repertorio local, para así poñelo en valor.



