spot_img
InicioVal MiñorNigránConcello de Nigrán e Discamino volvem a unir forzas para ofrecer un...

Concello de Nigrán e Discamino volvem a unir forzas para ofrecer un paseo en bicicleta aos maiores con enfermidades neurodexenerativas

Concello de Nigrán e Discamino volvem a unir forzas para ofrecer un paseo en bicicleta aos maiores con enfermidades neurodexenerativasOs usuarios do Centro Municipal para estas doenzas gozaron dunha saída con ciclos adaptados por todo o paseo de Praia América acompañados de familiares e alumnado do CEE de Panxón

Concello de Nigrán e a ONG ‘Discamino’ volveron aliarse na tarde de hoxe para ofrecer, por segunda vez, un paseo en bicicleta adaptada aos maiores do centro municipal de atención a persoas con enfermidades  neurodexenerativas, en Panxón. A decena de usuarios foi acompañada tamén en bicicleta polos seus familiares e alumnado do CEE de Panxón, ademais da edil de Maiores, Maria Mayán. O roteiro por todo o paseo marítimo de Praia América finalizou cunha merenda servida e elaborada polos mozos do CEE no propio centro á que asistíu o alcalde, Juan González.

“Esta imaxe é a esencia do que significa ‘Un Nigrán para todos’ e do que buscamos para o noso municipio”, resume o rexedor, quen agradece o traballo altruísta de ‘Discamino’ e aposta por estender o uso das 5 bicicletas adaptadas pertencentes ao  Concello de Nigrán a todas as persoas maiores, tal e como é habitual noutros países europeos polos múltiples beneficios que reporta e porque hai máis tradición de empregar este medio de transporte.

Concello de Nigrán e Discamino volvem a unir forzas para ofrecer un paseo en bicicleta aos maiores con enfermidades neurodexenerativas

Concello e  Discamino distribuíron os ciclos adaptados en función das capacidades físicas e mentais de cada un, desta forma, uns contribuíron ao pedaleo xunto á persoa voluntaria e outros foron en ciclos que xa non ofrecen esta posibilidade ao ser para grandes dependentes. “Estes paseos lles outorgan gran sensación de liberdade e de saúde física e mental porque grazas á bicicleta reviven recordos agradables da súa infancia ou xuventude”, explica María Mayán, edil de  Maiores.

O  Concello de Nigrán dispón dunha bicicleta adaptada con cadeira de rodas, outra igual pero con motor eléctrico, unha cadeira todoterreo  monorroda tipo  Joëlette, dous triciclos tándem tipo  co-pilot e unha bicicleta adaptada, as cinco con base no pavillón municipal de Panxón e empregadas con asiduidade por usuarios do CEE Juan María ou por quen o solicite.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.