Baixo o título “O proceso de selección: como superar unha entrevista de traballo”, a psicóloga Pomba Domínguez Ferro impartirá, o próximo día 18 de novembro ás 10:30 horas no Centro Neural de Gondomar, unha charla sobre os aspectos a ter en conta para ter éxito nunha entrevista de traballo.
O candidato a un emprego debe coñecer ben as súas calidades e debilidades á hora de enfrontarse a unha entrevista xa que nela avalíase a súa idoneidade para a posto vacante. A través dunha serie de tácticas e consellos, Pomba Domínguez, experta en selección de persoal, ensinará a xestionar todos estes aspectos para dotar ao candidato dunha maior confianza en si mesmo e superar a entrevista con seguridade.
A seguinte actividade organizada por “Valemprego” para este mes de novembro terá lugar no Centro Municipal Anxo Bedriñana o próximo día 20 de novembro ás 10:30 horas coa conselleira da Rede Eures de Vigo, Elisa González Pérez, quen informará os asistentes sobre as posibilidades laborais no estranxeiro e como acceder a elas.
Por último, o próximo día 25 de novembro no Centro Antena de Nigrán a orientadora María Luisa Cordido Varela informará sobre a importancia da formación á hora de lograr ou manter un emprego a partir das 17 horas.
As persoas interesadas deben presentar a súa solicitude cubrindo a ficha a disposición nas páxinas web e nos Departamentos de Emprego do tres concellos, e entregalas nestes servizos ou remitilas á dirección de correo electrónico valemprego@gmail.com.



