spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorComezan as visitas teatralizadas de Samaín no Castelo de Soutomaior

Comezan as visitas teatralizadas de Samaín no Castelo de Soutomaior

mais-10-000-persoas-xa-visitaron-este-ano-castelo-soutomaiorAs visitas teatralizadas para público adulto comezan este venres ás 20:00 horas e as familiares o sábado ás 12:00 horas. As 1.000 prazas ofertadas para a actividade, que se estenderá ata o 1 de novembro, están esgotadas

Revista Cousas de Nº23

A Deputación pon en marcha este venres as visitas teatralizadas de Samaín ao Castelo de Soutomaior.  Farao cos percorridos destinados ao público adulto, con dúas quendas ás 20:00 e 21:45 horas nas que os participantes vivirán unha experiencia nocturna única e aterradora visitando da man da pantasma Félix as distintas zonas do castelo, onde haberá desagradables encontros.  Durante esta fin de semana tamén haberá visitas para público adulto o sábado  no mesmo horario.

No que respecta ás visitas familiares, o primeiro percorrido terá lugar o sábado ás 12:00 horas, con quendas tamén ás 16:00 e 17.30 horas. Nelas haberá cabida para sustos suaves, humor e un toque de misterio que encantará tanto a pequenos como adultos.  Tanto as visitas dirixidas a público adulto como ás familias serán a cargo de Troula Animación.

AS 1.000 prazas que ofertou a Deputación de Pontevedra para estes percorridos polo Castelo de Soutomaior, que se estenderán ata o 1 de novembro, están xa todas esgotadas.  As visitas destinadas ao público adulto terán lugar os venres e sábados do mes de outubro en horario de 20:00 a 21:45 horas. No caso das destinadas ás familias, os percorridos serán os sábados e domingos deste mes ás 12:00, 16:00 e 17:30 horas ademais do 1 de novembro, con dúas visitas ás 16:00 e 17:30 horas.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.