spot_img
InicioAlto MinhoComezan as andainas da Eurocidade Tui-Valença cun percorrido entre viñas e vales

Comezan as andainas da Eurocidade Tui-Valença cun percorrido entre viñas e vales

Prohibida a circulación na ecopista do río MiñoA primeira cita será o domingo 11 con saída ás 10 h ES dende a igrexa de Ganfei en Valença

A revista ‘Cousas de’ despídese cun número especial

A Eurocidade Valença-Tui comeza o seu programa de andainas saudables de 2025 cun percorrido entre viñas e vales

A primeira cita deste ciclo será o próximo domingo, 11 de maio, co Trilho Entre Viñas e Vales.  Sairá ás 10 h ES da igrexa de Ganfei en Valença para realizar un percorrido de 7 quilómetros.

Este ciclo de andainas, que forma parte do calendario deportivo da Eurocidade, consolídase como unha proposta transfronteiriza que combina actividade física, posta en valor do patrimonio natural e histórico tanto de Tui coma de Valença.

O programa de 2025 inclúe catro camiñadas que se desenvolverán ao longo do ano. Así tras a primeira andaina do domingo 11 están programada para o sábado 26 de xullo a Sunset Fortaleza, o domingo 26 de outubro o Trilho do Adro Velho, e o domingo 23 de novembro o Trilho da Veiga da Mira. Todas se celebrarán ás 10 h ES salvo a Sunset Fortaleza, que sairá ás 21.30 h ES.

As persoas interesadas poden ampliar a información e inscribirse no teléfono 00 351 934 440 770 ou no correo electrónico caminhadas.andainas@gmail.com. Cada camiñada ten un prezo de 6€.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.