spot_img
InicioVal MiñorNigránComeza en Nigrán a segunda edición da ludoteca de Nadal

Comeza en Nigrán a segunda edición da ludoteca de Nadal

A ludoteca, que abrirá todos os días laborables das vacacións escolares, agás os días 24 e 31 de decembro, de 10.00 a 14.00 horas, será de acceso libre e gratuíto.

Arranca a segunda edición da Ludoteca de Nadal, unha iniciativa posta en marcha polo goberno municipal as pasadas vacacións de nadal, ampliándose a outros períodos estivais escolares, e que ata a data contou coa participación de máis dun millar de nenos e nenas de Nigrán.

Dende hoxe e ata o próximo 7 de xaneiro, o Salón de Actos Municipal transformarase, todos os días laborables das vacacións de 10.00 a 14.00 horas, nunha ludoteca de acceso libre e gratuíto, sen necesidade de reserva previa de praza, “unha iniciativa coa que queremos dar un novo servizo ás familias de Nigrán, axudando aos pais e nais a conciliar a vida laboral e familiar nestas datas, ao tempo que pretendemos fomentar que as compras do Nadal se realicen no comercio local”, sinala o alcalde, Alberto Valverde.

Entre as actividades previstas para a presente edición da ludoteca destacan unha visita de Papá Noel, talleres de decoración do Nadal, conta contos, xogos tradicionais, unha flashmov prevista para o 30 de decembro ás 12.00 horas na Praza da Constitución, fronte ao concello, e unha excursión o día 2 de xaneiro á Coruña, na que se visitará a Cidade das Ciencias, o parque acuático e o planetario.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.