spot_img
InicioGalicia"Come o Mar" unha iniciativa turístico-gastronómica para a costa galega

“Come o Mar” unha iniciativa turístico-gastronómica para a costa galega

"Come o Mar" unha iniciativa turístico-gastronómica para a costa galegaUn ano mais, os Grupos de Acción Costeira, agrupados baixo a marca Mar Galaica, lanzan una nova edición da campaña promocional COME O MAR, unha iniciativa turístico-gastronómica a desenvolver o mes de xuño na costa galega. Ademais, cada GAC organiza actividades paralelas.

Ao redor de 300 establecementos promocionarán até o 30 de xuño os produtos gastronómicos mariños de Galicia a través da campaña “Come o Mar”, que presentou o pasado venres en Santiago a conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, xunto á directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

Come-Mar-iniciativa-turístico-gastronómica-costa-galegaEsta campaña é unha acción conxunta de todos os Grupos de Acción Costeira (GAC) coa colaboración público-privada de empresas do sector servizos, quen traballan baixo márcaa Turismo Mariñeiro de Mar Calaica.

Durante este acto, Quintana destacou o labor dos GAC por dinamizar e potenciar ás comunidades pesqueiras a través da gastronomía e do turismo mariñeiro, campo no que Galicia é pioneira por pór en valor e crear un produto turístico partindo da oferta mariñeira, sinalou.

A conselleira referiuse tamén aos preto de 20 millóns de euros recibidos polos 372 proxectos promovidos polos GAC galegos, un investimento que desde a Xunta consideran unha aposta “polo futuro, a innovación e, sobre todo, polo emprego“, apuntou Quintana.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, pola súa banda, resaltou as 700 actividades lúdicas e gastronómicas que se desenvolverán durante a quinta edición de “Come o mar” e manifestou que o mar “constitúe unha das maiores fortalezas de Galicia como destino para achegar unha experiencia turística diferencial, propia e auténtica” aos viaxeiros.

Come o Mar 2015

 

 

 

- Publicidade -spot_img