Novas promesas da vela galega medirán as súas forzas o próximo fin de semana en Baiona no Trofeo Baitra de Vela Infantil organizado polo Monte Real Club de Yates co patrocinio de Baitra Accesorios Navais e a colaboración de Efectos Navais Betanzos e o Concello de Baiona.
Chegados dos principais clubs da provincia de Pontevedra, os regatistas de Optimist e Cadete disputarán varias probas técnicas na baía de Baiona
No campionato participarán uns 70 nenos e nenas das clases Optimist e Cadete dos principais clubs náuticos da provincia de Pontevedra, que pelexarán pola vitoria en varias probas técnicas. Terán representación o Real Club Náutico de Vigo, o Club Marítimo de Canido, o Club Náutico Rodeira (Cangas), o Liceo Casino de Vilagarcía e o propio club organizador.
O campionato, patrocinado por Baitra Accesorios Navais, busca darlle un novo impulso á vela infantil en Galicia
A primeira xornada do Trofeo Baitra celebrarase o sábado día 9 a partir das dúas e media da tarde, e poderase seguir desde os arredores da baía de Baiona. O domingo día 10, na segunda quenda de probas, o bocinazo de saída escoitarase o once e media da mañá. Ese mesmo día, pola tarde, unha vez finalizada a competición, celebrarase a entrega de premios aos gañadores nas instalacións do Monte Real.
Unha competición para promocionar a vela desde a base
O Trofeo Baitra de Vela Infantil forma parte do plan de promoción da vela desde a base que o Monte Real Club de Yates ten en marcha a través da súa Escola de Vela, na que, durante todo o ano, impártense clases de iniciación, Optimist e Cadete para nenos de todas as idades. O club baionés conta tamén con varios equipos de regata, con 30 mozos que xa deron o salto á competición e participan en regatas regularmente.
As clases Optimist e Cadete
No Trofeo Baitra de Vela Infantil sairán á auga dúas clases de barcos: Optimist e Cadete. Mentres que o Optimist é a embarcación máis empregada para iniciarse no mundo da navegación de forma individual (pola súa sinxeleza, estabilidade e fácil manexo), o Cadete é o barco perfecto para aprender a traballar en equipo. Trátase dunha clase que permite aos mozos navegantes familiarizarse co tres tipos principais de velas (foque, maior e spinnaker) algo máis complexa (que posúe os mesmos tipos de vela que os grandes barcos), e facelo cun acompañante, traballando como unha tripulación.
TROFEO BAITRA DE VELA INFANTIL
SÁBADO 9 DE MAIO
14:30 > COMEZO DAS PROBAS NA BAÍA DE BAIONA
DOMINGO 10 DE MAIO
11:30 > COMEZO DAS PROBAS NA BAÍA DE BAIONA
16:30 > ENTREGA DE PREMIOS NO MONTE REAL CLUB DE IATES



