Inicio Galicia Compostela 'Cidade Imaxinaria Verán' converte o Gaiás nun mundo de fantasía con dragóns...

‘Cidade Imaxinaria Verán’ converte o Gaiás nun mundo de fantasía con dragóns xigantes e espectáculos acrobáticos

'Cidade Imaxinaria Verán' converte o Gaiás nun mundo de fantasía con dragóns xigantes e espectáculos acrobáticosCidade Imaxinaria Verán 2018 converteu o complexo arquitectónico do Gaiás nun mundo de fantasía con dragóns xigantes corricando e xogando coa cativada por todos os recunchos, e números acrobáticos que cativaron os milleiros de familias que asistiron esta tarde á Cidade da Cultura de Galicia para gozar de espectáculos, obradoiros e xogos, de balde e ao aire libre.

O tradicional festival lúdico e familiar que desde hai oito anos chega todos os agostos ao Gaiás –e que en 2018 por primeira vez ampliou a súa programación cunha edición de primavera que reuniu a 8.000 persoas– volveu ateigar de familias a Praza Central da Cidade da Cultura, onde se despregaron a meirande parte da actividades.

Cidade Imaxinaria Verán programou catro horas ininterrompidas –de 16 a 20 horas– de espectáculo. Nesta edición potenciáronse as actividades en movemento polos exteriores do complexo. Estas incluíron propostas como dragóns –ou “dragosaurios”– de cinco metros de altura que corricaron polo Gaiás sorprendendo a pequenos e maiores, así como números acrobáticos no cumio de rodas xigantes.

Equilibristas, trapecistas, saltimbanquis e clowns conquistaron todos os recunchos da Praza Central da Cidade da Cultura cun mesmo obxectivo: facer a cativada viaxar por mundos máxicos. Espectáculos e propostas de lecer innovadoras compartiron espazo con xogos tradicionais, como simples trebellos de corda e madeira. Actividades como globoflexia e obradoiros de maquillaxe de fantasía complementaron tamén a programación.

Escola de circo e espazo para bebés

Non faltou a demandada e exitosa escola de circo, que permitiu descubrir o grande acróbata, malabarista ou equilibrista que todo neno e nena leva dentro. Ademais, e como novidade desta edición, incluíuse por primeira vez programación para os máis pequenos, xa que se contou cun espazo para bebés –de 0 a 3 anos– con xogos de estimulación.

Cidade Imaxinaria Verán dispuxo ademais de zonas para repor enerxías, con postos de comida. Ademais das habituais liñas 9 e 11 que conectan o Gaiás co centro de Compostela, tamén se reforzou o servizo de autobuses co fin de facilitar o desprazamento das familias.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies