spot_img
InicioBaixo MiñoCiclo de conferencias e exposicións sobre Francisco Sánchez no cuarto centenario do...

Ciclo de conferencias e exposicións sobre Francisco Sánchez no cuarto centenario do seu falecemento

Tui acolle reunión con axentes culturais do Norte de Portugal promovida por Escena GalegaO médico e filósofo tudense Francisco Sánchez vai centrar un ciclo de conferencias e unha exposición esta semana en Tui, unhas actividades que a súa vez forman parte do programa ‘Setembro Xudeu en Tui’.

Revista COUSAS DE Nº18

Tui dedica este 2023 a Francisco Sánchez, tal e coma acordou a corporación municipal de Tui en pleno, coincidindo co cuarto centenario do seu falecemento na cidade francesa de Toulouse. O médico e filósofo Francisco Sánchez naceu en Tui no ano 1550. Francisco Sánchez, que tivo de fuxir pola condición de “cristiáns novos” (descendentes de xudeus recentemente bautizados) cando era mozo, foi o autor dunha obra filosófica, “Quod nihil scitur”, que constitúe unha obra referencial do pensamento europeo do século XVI.

Dedicándolle este ano 2023 o Concello de Tui busca a divulgación da súa figura, obra e transcendencia, polo que organiza este pequeno ciclo de conferencias arredor da súa vida e obra que terán lugar no edificio Francisco Sánchez.

Así mañá mércores, 20 de setembro, ás 20 h celebrarase a conferencia “A cidade de Tui na vida de Francisco Sánchez: entre a renovación urbana e a chegada dos xudeoconversos” por Suso Vila, historiador tudense de acreditada traxectoria na investigación especialmente no que atinxe á época medieval e á presenza de comunidades xudías e de cristiáns novos na nosa localidade.

Este venres, 22 de setembro, ás 20 h o titulo da conferencia será “Francisco Sánchez médico” por Rosendo Bugarín González, médico de ampla traxectoria e que ten investigado nos últimos anos sobre a obra médica do filósofo tudense e sobre a tese de doutoramento dedicada a Sánchez polo afamado médico tudense do século pasado, Darío Álvarez Blázquez.

A próxima semana, o mércores 27, tamén ás 20 h a conferencia prevista leva por título “Francisco Sánchez, un tudense universal” por Laureano Alonso Álvarez, profesor de latín e grego no IES “San Paio” de Tui e que ten abordado recentemente a tradución integra ao galego da principal obra filosófica do tudense, o “Quod nihil scitur”.

Paralelamente estes días será inaugurada no Paseo da Corredoira unha exposición divulgativa sobre o pensador tudense Francisco Sánchez para contribuír á difusión da súa vida, obra e transcendencia entre veciñanza e visitantes.

Finalmente a finais de setembro será inaugurada outra exposición de carácter máis amplo sobre o médico e filósofo e que será itinerante para contribuír á divulgación e coñecemento deste egrexio tudense e galego tan descoñecido.

Para as concelleira de Turismo e Patrimonio, Ana Núñez Álvarez, e de Cultura, Sonsoles Vicente Solla, estas actividades inxeridas no programa do “Setembro xudeu en Tui” coinciden plenamente coa temática deste ano 2023 das “Xornadas Europeas da Cultura Xudía” centradas na “Memoria”. Recuperar a personalidade e a transcendencia da obra de Francisco Sánchez, membro dunha familia de ascendencia xudía, resulta sumamente acaído cos obxectivos destas xornadas.

A figura do pensador tudense protagonizará tamén diversas actividades, segundo anuncian as concelleiras tudenses, no mes de novembro, pois o día 16 dese mes é cando se cumpre o IV centenario do seu falecemento na cidade francesa de Toulouse o Concello de Tui realizará novas actividades para pechar este “Ano Francisco Sánchez”.

Ciclo de Conferencias. Edificio Francisco Sánchez

  • Mércores, 20 de setembro, ás 20 h “A cidade de Tui na vida de Francisco Sánchez: entre a renovación urbana e a chegada dos xudeoconversos” polo historiador tudense Suso Vila.
  • Venres, 22 de setembro, ás 20 h “Francisco Sánchez médico” polo médico tudense Rosendo Bugarín González.
  • Mércores, 27 de setembro, ás 20 h Conferencia “Francisco Sánchez, un tudense universal” poolo profesor de latín e grego Laureano Alonso Álvarez.
- Publicidade -spot_img