spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorChega a Soutomaior o Rebulir, o I Festiva de Danza Contemporánea

Chega a Soutomaior o Rebulir, o I Festiva de Danza Contemporánea

chega-a-soutomaior-o-rebulir-o-i-festiva-de-danza-contemporaneaO domingo 7 de xullo a Carballeira do Peirao de Arcade acollerá a 1ª edición do Rebulir, o 1º Festival de Danza Contemporánea no que as persoas interesadas poderán desfrutar e tamén participar en distintos obradoiros, con compañías tan importantes como Elahood , Ixa ou Daniel Rodríguez

Revista Cousas de nº21

A danza contemporánea xorde como unha reacción ás formas clásicas e probablemente como unha necesidade de expresarse máis libremente co corpo. É unha clase de danza na que se busca expresar unha idea, un sentimento, unha emoción, pero mesturando movementos corporais propios do século XX e XXI. Este festival de danza contemporánea , O Rebulir, nace como unha nova proposta de dinamización cultural e social achegando esta disciplinas a Soutomaior para crear novos públicos e novas inquedanzas artísticas.

A concelleira de Cultura, Silvia Cernadas, presentou este Festival e deixou claro que “queremos que a danza tamén forme parte da completa programación cultural do concello de Soutomaior. Nese sentido, O Rebulir nace como un festival de danza contemporánea que mestura cultura e natureza e que vai ser referencia na contorna porque non hai nada igual. Tres destacadas compañías do panorama nacional interactuarán co espazo natural da Carballeira do Peirao de Arcade e todos os públicos poderán desfrutar desta cita ben sexa participando dos obradoiros, ben sexa asistindo ás representacións ou ao coloquio final”.

Dende o concello de Soutomaior queren propiciar novas inquezandas  culturais que dinamicen o tecido cultural e social e tamén os espazos como lugares onde expresarnos con liberdade e respeto.

A proposta inclúe tres pezas de danza de compañías moi relevantes no panorama da danza e tamén obradoiros de danza para diferentes pùblicos onde todos e todas poden experimentar e aprender sobre danza da man de grandes bailarinas e bailaríns.

Así e deste xeito o domingo 7 de xullo pola mañá, ás 11:00 h., poderemos desfrutar do obradoiro de danza contemporánea coa compañía Elahood destinado a público xuvenil e adulto e ás 12:00 a cita estará protagonizada pola compañía de Daniel Rodríguez e o obradoiro estará destinado para o público infantil e familiar.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

Xa pola tarde chegará a quenda dos espectáculos: ás 20:00 poderemos desfrutar de “Intempestiva” de Elahood; ás 20:45 h. de “Ollos cara adentro” da compañía Ixa; ás 21:00 h. de “A raíz” de Daniel Rodríguez e ás 21:30 todas e todos os que o desexen poderán participar nun coloquio coas compañías participantes. Todas estes espectáculos están destinados ao público xeral.

É importante destacar que todos os obradoiros e os espectáculos serán de balde e se desenvolverán na Carballeira do Peirao de Arcade. Sinalar tamén que para os obradoiros non se precisa inscrición previa, simplemente se pode participar no que se desexe unha vez chegado ao punto de desenvolvemento do mesmo.

Dende o concello convidan a todo o mundo a participar e a formar deste 1º Festival de danza contemporánea de Soutomaior, O Rebulir.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.