Os atletas de elite nigraneses Pablo Denis e Jeni Fernández foron os encargados de entregar os premios
Praia América e Panxón volveron a ser o escenario dunha das carreiras máis señeiras do verán: a V Nigrán Area organizada polo Concello e a Sociedad Atlética Val Miñor. A competición comezou as 10:30h coas categorías menores, sendo a absoluta ás 11.30 horas. Nesta última, como ven sendo habitual, participou o alcalde de Nigrán Juan González (membro ademáis da Sociedade Atlética Val Miñor na categoría de veteranos). Ademáis, os atletas profesionais de Nigrán Pablo Denis Sanromán e Jeny Fernández Massó, participantes recentemente no Campionato de España en Castellón , foron os encargados de entregar os premios, un feito que enorgullece especialmente aos organizadores.
Os circuítos discorreron entre o peirao de Panxón e Praia América, son itinerarios chairos sobre a area mollada, xa que se aproveita a marea baixa.
10:30 Cadetes Femininos/Masculinos (2000/2001) 3.000 m
Infantís Femininos/Masculinos (2002/2003) 1.500 m
Alevíns Femininos/Masculinos (2004/2005) 1.000 m
Benxamíns Femininos/Masculinos (2006/2007) 500 m
11:30 CARREIRA ABSOLUTA (99/anteriores) 6.000 m
Pre-benxamíns Femininos/Masculinos (2008/2009) 300 m
Pitufos Femininos/Masculinos (2010/2011) 100 m
Mais información no seguinte linque:





