spot_img
InicioVal MiñorBaionaCatro días de cervexa artesá en Baiona

Catro días de cervexa artesá en Baiona

Catro días de cervexa artesá en BaionaCase 60 tipos de cervexa a disposición de todo aquel que se achegue ao Parque da Palma entre este xoves, 28 de xullo, e o domingo, 31. Tal é a promesa da II Festa da Cervexa Artesá de Baiona “La Pinta”, organizada polo Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura, e da Asociación Galega de Cervexeiros Artesáns.

Unha festa da cervexa de autor que, na súa segunda edición, converterá a vila nun punto de encontro de afeccionados e produtores. Os artesáns chegados, sobre todo, da provincia de Pontevedra e de distintos puntos de Galicia e algúns convidados do estranxeiro terán estes días as súas casetas en A Palma.

A entrada á feira é gratuíta, e non é necesario degustar o produto para entrar no recinto, que tamén alberga diferentes foodtrucks que ofrecen ao público unha variedade de opcións culinarias.

“Desde o Concello de Baiona queremos centrarnos en reforzar o carácter familiar da celebración. Por iso, esta II edición contará cunha variedade de xogos infantís dedicados a divertir aos máis pequenos da casa. Ademais, cada xornada estará amenizada por DJs locais. Haberá foodtrucks, degustacións, charlas, obradoiros, sesións “BEER-MÚ” e moita diversión”, destaca o alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado.

- Publicidade -spot_img