spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaCastelao e Rosalía de Castro na Guarda na semana das Letras Galegas

Castelao e Rosalía de Castro na Guarda na semana das Letras Galegas

castelao-e-rosalia-de-castro-na-guarda-na-semana-das-letras-galegasA exposición O Herbario de Rosalía recala na Guarda ata o 24 de maio, acompañada dunha mostra das obras de Castelao.

Revista Cousas de nº21

Con motivo da celebración das Letras Galegas estes persoeiros ilustres da literatura e cultura galegas ocupan un espazo central no Concello da Guarda, ocupando a planta baixa da Casa dos Alonso ata o vindeiro 24 de maio.

As dúas mostras, organizadas a primeira polo propio Concello da Guarda e a segunda pola Casa de Rosalía e Deputación de Pontevedra amosan diferentes perspectivas dos autores, pero coinciden en render homenaxe á súa figura como impulsores no uso e recoñecemento do galego como lingua e das formas propias e particulares da cultura e sociedade galegas

A exposición adicada a Daniel Alfonso Castelao recolle unha escolma de publicacións, que fai un percorrido do persoeiro dende a súa importancia  como Constructor de Nación (Ed. Galaxia, 2021 M.A. Seixas Seoane) amosando os exemplares de Sempre en Galiza e Alba de Groria, os seus comentarios ao Estatuto de Autonomía do 36, as publicacións en A nosa Terra, e a recompilación das diversas obras que estudan a súa traxectoria tanto política como literaria. Amósase tamén unha escolma das publicacións que recollen a súa ampla obra gráfica, como debuxante, eses debuxos tan característicos que denuncian a realidade social das desigualdades, da emigración, das inxustizas de clase, da realidade rural galega: Galicia Mártir, Atila en Galicia e os diferentes números de Cousas. Sen esquecer a recompilación feita por el mesmo da idiosincrasia galega como cultura diferenciada da cultura castelá e centralista e mais vencellada as tradicións atlánticas como pode ser As Cruces de Pedra na Galiza e as Cruces de Pedra na Bretaña.

castelao-e-rosalia-de-castro-na-guarda-na-semana-das-letras-galegas

A exposición adicada ao Herbario de Rosalía, pola súa parte recala na Guarda dentro da longa xira que está a realizar por todo o país dende que no 2022 se inaugurara no Real Xardín Botánico de Madrid. Esta exposición parte dun traballo feito polas profesoras María López Sández e Isabel Fraga en 2019, con fotografías de Miguel Fraga. Non se trata dun herbario científico, senón dun literario, unha homenaxe á obra rosaliana e á unión da literatura coa natureza.

A exposición, patrocinada pola Deputación da Pontevedra, está dividida  en cinco seccións: rosas, herbas do campo florido, herbiñas do camposanto, árbores e outras flores, plantas e especies comestibles. Cada unha destas seccións vai acompañada dun panel explicativo no que se desenvolve a importancia desa serie na obra de Rosalía, así­ como, en xeral, o nexo entre literatura e natureza. Acompañado dun vídeo co recitado profesional dos versos de Rosalí­a e a proxección da totalidade dos pregos.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

En palabras das profesoras López Sández e Fraga Vila “trátase dunha ofrenda á autora á que tanto debemos, que nos ensinou a mirar a paisaxe galega doutra maneira, para que poida incorporarse ao discurso museístico e estea a disposición de todas aquelas persoas que se acheguen á Casa Museo”, afirmaron.

As exposicións poderán visitarse dende o día de hoxe ata o 24 de maio no  caso do Herbario de Rosalía e o 30 de maio no caso da Exposición de Castelao

Aproveitando ambas mostras e a efeméride das Letras Galegas mesmo espazo acolle unha mostra con selección dalgúns dos autores locais como son Gómez Alfaro, Chuny Alonso ou Generoso Álvarez. Esta mostra estará visitable dende o día 19 de maio ata o 30.

- Publicidade -spot_img