spot_img
InicioGaliciaCase 3000 persoas asistiron á xira ‘Os Axóuxeres’ 2015 programada pola Consellería...

Case 3000 persoas asistiron á xira ‘Os Axóuxeres’ 2015 programada pola Consellería de Cultura e Educación

3000-persoas-asistiron-a-xira-os-axouxeres-2015-programada-pola-conselleria-de-cultura-e-educacion

Este pasado domingo 8 de novembro rematou, en Lalín, a xira de encontros ‘Os Axóuxeres’ que, desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística, promoveu a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

‘Os Axóuxeres’, que comezou a súa andaina o sábado 12 de setembro en Arteixo, acumulou nestes preto de dous meses de xira case 3000 espectadores nun total de 26 concellos de Galicia. O éxito de participación, con dúas de cada tres funcións co cartel de ‘completo’ colgado, dá mostra da boa acollida que tivo este espectáculo entre as familias novas con fillos pequenos.

A proposta, cun aspecto íntimo e de proximidade concebido para poucos espectadores por función, ofreceulle ás familias asistentes un novo espazo de lecer en galego onde gozaren e abrírense ao descubrimento do mundo en galego: o primeiro encontro da xente miúda da casa coas artes escénicas, co teatro, coa música en directo, cos primeiros xogos e coas primeiras cancións en galego. En definitiva, coa lingua galega.

Nesta xa sétima edición, con ‘Os Axóuxeres’ coidouse dun xeito especial a calidade do espectáculo e a acollida aos participantes para asegurarse de que os nenos e nenas asociaran o galego a experiencias agradables, cheas de tenrura e de diversión.

Presentado cunha estética dinámica e actual, ‘Os Axóuxeres’ visitou nestes dous meses A Coruña, A Estrada, A Laracha, Ames, Arteixo, Boiro, Cangas, Fene, Ferrol, Foz, Lalín, Moaña, Mondoñedo, Noia, O Carballiño, Oleiros, O Porriño, Ourense, Redondela, Ribeira, Santiago de Compostela, Teo, Vedra, Vilagarcía de Arousa, Viveiro e Xinzo de Limia.

Pero o espectáculo non rematou logo dos aproximadamente 40 minutos de duración de cada encontro. O disco ‘Os Axóuxeres’, co que se agasallou a todas as familias participantes, e tamén os materiais das edicións anteriores pódense descargar de balde en http://ir.gl/1febfb.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.