Inicio Vigo e área Redondela Cándido Pazó achega a Redondela o seu "Decamerón"

Cándido Pazó achega a Redondela o seu “Decamerón”

Cándido-Pazó-Redondela-DecamerónO Servizo de Normalización Lingüística organiza a representación do monólogo teatral de Cándido Pazó, “Decamerón. Historias para tempos ruíns”.

Este espectáculo, xunto cos monólogos do vindeiro sábado 7 de febreiro (“Os contos de Joselín”), forma parte da programación trimestral do SNL no ámbito cultural, e vén complementar o festival de monólogos, Lareta, que se celebrou en Chapela no outono.

O obxectivo fundamental é achegar creacións escénicas en lingua galega de calidade, onde a lingua oral se transmite con toda a súa potencialidade. As dúas funcións que se ofrecen agora están cofinanciadas pola AGADIC a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

O Decamerone, o libro de contos escrito no s. XIV por Giovanni Boccaccio, é un dos fitos narrativos da literatura europea e unha das lecturas máis celebradas ao longo dos séculos. Os contos rebordan humor, sentido gozoso da vida e erotismo, un facho de luz que anuncia o Renacemento e que rompe co tenebrismo medieval.

Nesta versión que nos presenta Cándido Pazó están adaptados unha presa de contos do orixinal, os máis divertidos e mordaces, aos que lles tira máis proveito metafórico en relación coa actualidade. Nos contos de Boccaccio, uns mozos que foxen da peste bubónica atopan refuxio nunha quinta campestre e comezan a se contar historias. A reinterpretación de Pazó achégase máis á “peste económica”, o andazo de hoxe, do que non podemos fuxir  pero que o teatro nos axudará  a levar dun xeito máis divertido e reconfortante.

A representación celebrarase o sábado 31 de xaneiro, ás 20.00 h, no Centro Recreativo de Redondela. As entradas poranse á venda dende o xoves no multiúsos da Xunqueira, e o sábado no propio Centro Recreativo, cun prezo de 5 € (3 € para persoas xubiladas e estudantes).

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies