Inicio Galicia O Campus de Ourense acolle a exposición “Sustentabilidade en feminino: achegas das...

O Campus de Ourense acolle a exposición “Sustentabilidade en feminino: achegas das mulleres á sustentabilidade do mar”

campus-ourense-acolle-exposicion-sustentabilidade-feminino-achegas-das-mulleres-sustentabilidade-do-marO Campus de Ourense acolle desde hoxe e ata o día 12 de marzo a exposición “Sustentabilidade en feminino: achegas das mulleres á sustentabilidade do mar” que esta promovida pola Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo, poderá visitarse no Edificio de Ferro do Campus de Ourense

 A exposición “Sustentabilidade en feminino: achegas das mulleres á sustentabilidade do mar”, impulsada pola Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo, chega ao Campus de Ourense. Así, desde hoxe e ata o vindeiro 12 de marzo, as persoas interesadas en coñecer a participación e o papel da muller no mundo do mar poderán visitar a mostra no Edificio de Ferro do Campus de Ourense da Universidade de Vigo.

“Sustentabilidade en feminino” chega a Ourense tras o seu paso polo Campus de Vigo e o de Pontevedra. De feito, foi neste último Campus e da man da directora do proxecto, María Álvarez Lires, onde xurdiu a idea de impulsar unha exposición para visibilizar o papel da muller e a súa contribución na economía do mar, poñendo en valor o traballo que as mulleres desenvolveron ao longo dos séculos en relación co mundo marítimo.

A mostra, que foi inaugurada pola Deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, está composta por vídeos, fotografías de redeiras, de mariscadoras, de vendedoras de peixe, de mulleres salgando ou conservando, científicas como a oceanógrafa Ángeles Alvariño ou a que fora directora do Instituto Español de Oceanografía Aida Fernández. “Sustentabilidade en feminino: achegas das mulleres á sustentabilidade do mar” recolle tamén imaxes, moitas delas inéditas, que serven para recuperar nas aulas o invisibilizado saber das mulleres do mar e promover a igualdade e a acción positiva entre os futuros profesionais e científicos.

Tras o seu paso polo Campus de Pontevedra, de Vigo e Ourense, a exposición chegará nos vindeiros meses á Casa das Campás de Pontevedra e ao Museo Massó, aínda que tamén está aberta a empresas, fundacións, asociacións e concellos que así o soliciten á Deputación de Pontevedra, co obxectivo de espallar o papel realizado polas mulleres en relación á economía e cultura marítima.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

32FansGóstame
260SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies