spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaCamiño Portugués pola costa-Ensenada de San Simón

Camiño Portugués pola costa-Ensenada de San Simón

ciclo de rutas xeoculturais por Redondela, co obxectivo de gozar e pór en valor o patrimonio natural redondelán dende un punto de vista diferente.Semella un lago. A enseada final da ría de Vigo de case oito quilómetros de lonxitude por catro de anchura vese reducida no estreito de Rande a uns 700 metros.Ese é ademais o seu límite en profundidade, pois unha boa parte da cubeta desáugase durante a baixa mar e outra parte son augas superficiais.

Verde é a chaira que se descobre coas mareas, rica en mariscos bivalvos como as ostras de Arcade e aves acuáticas. Pero tamén rica en literatura: cantigas de amigo dos trobadores da ría de Vigo e aventuras de “Vinte mil leguas baixo dos mares” de Verne mesturadas cos tesouros dos galeóns afundidos en Rande.

Camiño-Portugués-pola-costa-Ensenada-San-Simón

As antigas salinas do Ulló, no barrio de Paredes (Vilaboa), permiten un doado acceso polos seus murallóns a este espazo natural.

O referente cultural da enseada está na illa de San Simón, cun centro de interpretación para explicar a súa longa historia e diferentes usos desde lazareto a campo de concentración. Visitable principalmente no verán desde os portos de Cesantes(Redondela) e Santo Adrán de Cobres (Vilaboa).

Fóra deste espazo protexido, na península do Morrazo, sitúase o Parque de Cotorredondo que conta cunha Aula da Natureza xunto ao lago Castiñeiras.

ACCESO: Estradas entre Vigo e Pontevedra: pola banda dereita a N-550 e a AP-9; pola esquerda, núcleo de comunicacións en Redondela (N- 552, N-555).

- Publicidade -spot_img