spot_img
InicioO MorrazoBueuBueu acometerá unha reforma integral da Biblioteca Municipal Torrente Ballester

Bueu acometerá unha reforma integral da Biblioteca Municipal Torrente Ballester

Bueu acometerá unha reforma integral da Biblioteca Municipal Torrente BallesterO proxecto acaba de recibir a subvención do Plan ReacPon da Deputación de Pontevedra e suporá a transformación deste espazo tanto a nivel arquitectónico como de servizos

O Concello de Bueu recibe con enorme satisfacción a noticia da concesión da subvención do Plan ReacPon da Deputación de Pontevedra coa que se vai acometer unha gran reforma e mellora na Biblioteca Municipal Torrente Ballester. O proxecto, valorado en 916.559 euros, recibe unha axuda de 687.419 euros do organismo provincial, o que supón máis do 80 % para unhas obras que deberán estar concluídas antes de abril do 2023.

Félix Juncal, alcalde de Bueu, e Alberto Moital, concelleiro de patrimonio, arquivo e bibliotecas, salientan que se trata dunha actuación que “servirá para transformar radicalmente a biblioteca, cun cambio no edificio a nivel arquitectónico e de servizos”. Así, a biblioteca, situada no Parque Ramal dos Galos, converterase nun gran centro que ampliará os seus usos e servizos, e se adaptará ás novas tecnoloxías. Dado o interese social, dende o executivo local organizarán nas próximas semanas un acto público para a presentación co obxectivo de que a cidadanía coñeza un proxecto no que se contou con ela xa dende o comezo a través dun proceso previo de participación cidadá .

A intervención servirá para ampliar o edificio actual, ao que se engadirá unha planta adicional de 360 metros cadrados de superficie, e que permitirá trasladar o Arquivo Municipal, que actualmente se atopa en Cela, ao centro bueués. O proxecto prevé que a planta baixa mantería as dependencias da biblioteca, que se ampliarían cunha sala de estudos. E a nova planta superior acollería, entre outros servizos, outra sala de estudos. Dende o goberno local salientan que “se trata dunha reforma profunda nun edificio de máis de trinta anos e que servirá tamén para solventar os problemas de mobilidade entre as diferentes plantas, ao incluír o proxecto a dotación dun ascensor. “Será unha rehabilitación integral, que mellorará as condicións térmicas, a iluminación natural e apostará polas enerxías renovables”, destacan Juncal e Moital.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.