Os mellores curtos poderanse ver en CortoBaiona´14, que se celebrará os días 4 e 5 de setiembre ás 22,00h na Praza do Concello de Baiona. A entrada será gratuíta e o evento conta cun premio para o mellor traballo cunha dotación económica de 100 euros. Trátase dunha iniciativa promovida polo Concello de Baiona e CortoEspaña que pretende achegar o formato á localidade.
CortoEspaña, Festival itinerante que percorre o pais, chega a Baiona para mostrar os traballos máis destacados do sector.
Durante as proyeccioness poderanse ver un total de 18 curtametraxes de xénero e temática variada, desde o drama até a comedia pasando pola animación ou traballos máis dinámicos e innovadores. A duración das películas tamén será diversa, combinando historias dun certo desenvolvemento argumental con relatos máis breves de apenas uns minutos e que realizan un exercicio de sintesis sorprendente para narrar en tan curto esspacio de tempo.
O público será o protagonista ao determinar cal é o traballo gañador do festival.
Ademais, o público será o protagonista ao determinar cal é o traballo gañador do festival, xa que serán os mesmos espectadores os que elixan, a través de papeletas de votación, que curtametraxe merece alzarse co primeiro premio. Con esta iniciativa preténdese implicar aos asistentes máis aló do mero visionado e involucrrles nunha valoración activa e crítica do visto en pantalla.
O festival pertence ao circuíto CortoEspaña, unha iniciativa da Rede de Curtametraxes para promocionar o formato curto que en 2014 contará con máis de 100 festivais en diversas localidades españolas ao longo de todo o ano. Ademais, o curto gañador do festival proxectarase xunto aos que gañasen no resto de festivais nunha gala a final de ano en Madrid, na que se poderán ver os mellores traballos de todo o 2014.
CortoEspaña conta co respaldo de grandes actores e directores.
CortoEspaña pretende ser non soamente un novo e amplo circuíto de exibición, senón un punto de encontro no que actores, directores, produtores, guionistas…e público participen activamente, e un lugar onde o curto teña o espazo informativo e cobertura xornalística que reclama. Neste sentido xoga un papel crave internet, as redes sociais e sobre todo a páxina web www.cortoespana.com , aberta a todo aquel próximo ou interesado no mundo do curto.
CortoEspaña conta co respaldo de grandes actores e directores que, cunha recoñecida carreira en cinema, teatro ou televisión, apostan polo curto como un formato único para contar historias. En CortoEspaña participaron curtos de Borja Cobeaga, Manuela Vellés, Raúl Arévalo, Juanra Bonet, Miguel Rellán, VictorClavijo, Ernesto Sevilla, Antonio Dechent, Javier Gutierrez, Javier Fesser, Mariano Venancio, Manolo Manquiña, Leticia Dolera, Mateo Gil… e ten o apoio de personalidades como Emilo Aragón, Marta Belenguer, Fernando Colomo, Carmen Machi, Isabel de Campo, Asunción Balaguer, Alberto Ammann ou Eduardo Fernández. Ademais, a Rede conta coa colaboración e o respaldo dos concellos e xuntas de distrito de cada festival, e firmas como Fnac, Editorial Cátedra, Instituto Buñuel ou Falco Films, que apostan tamén polo proxecto.



