O Concello de Baiona requiriu á empresa UTE OREGA COVIASTEC a documentación previa ao contrato de adxudicación das obras de rehabilitación do antigo hospital Sancti Spiritus
O Concello de Baiona aprobou, esta mañá en pleno, o requirimento previo á adxudicación do contrato das obras de rehabilitación do antigo hospital Sancti Spiritus á empresa UTE OREGA COVIASTEC, ao ser a proposta é máis vantaxosa economicamente. Se a empresa presenta a documentación previa solicitada, o Concello adxudicaralle as obras dun ambicioso proxecto que supoñerá a transformación do emblemático edificio do século XVI en arquivo histórico e biblioteca municipais por 936.577,82 euros sen IVE.
As 13 empresas aspirantes que se presentaron ao concurso tiveron que acreditar experiencia en actuacións similares de rehabilitación sobre bens de interese cultural. Iso é así debido á singularidade do emblemático inmoble obxecto de restauración e o seu enorme valor histórico
Unha vez se elevado ao pleno a documentación e apróbese en sesión plenaria a adxudicación, terá un prazo de doce meses para executar as obras de rehabilitación, financiadas no seu maior parte polo Ministerio de Fomento que achegará o 70 por cento do custo total da obra e que supón algo máis de 1,04 millóns de euros.
As obras de rehabilitación, financiadas no seu maior parte polo Ministerio de Fomento que achegará o 70 por cento do custo total da obra e que supón algo máis de 1,04 millóns de euros
O inmoble do antigo Hospital do Espírito Santo, construído no século XVI para dar acubillo aos peregrinos, foi reformado no ano 1779 e funcionou como hospital ata o ano 1995.
Actualmente, o edificio alberga a biblioteca municipal, cuxos servizos o Concello de Baiona recolocará durante a execución das obras no Centro Multiusos Anxo Bedriñana, situado na rúa Carabela Pinta.






Comments are closed.