spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona súmase ao compromiso Net-zero e compensará a súa pegada de CO2

Baiona súmase ao compromiso Net-zero e compensará a súa pegada de CO2

A Deputación organiza na Serra da Groba unha xornada de retirada de “basuraleza” ao abeiro do Proxecto LiberaO Concello do Baiona pon en marcha o proxecto Baiona Net-Zero, unha iniciativa necesaria que reforza o compromiso da administración local coa sustentabilidade e a economía circular

Revista COUSAS DE Nº17

As principais medidas de Baiona o Net-Zero son o cálculo da pegada de carbono do Concello como institución e a neutralización da mesma nos nosos montes, o acceso ás comunidades de montes ao mercado do carbono e facilitar ás empresas e comercios de Baiona a conversión en negocios Net-Zero axudándoas a rentabilizar esta inversión.

Baiona súmase ao compromiso Net-zero e compensará a súa pegada de CO2

A iniciativa foi presentada da man de David Lemos, representante de AirCO2

Como Concello, achegarse á neutralidade de carbono é tamén unha resposta a unha realidade incontestable, defendida pola sociedade, polo mercado e recollida na axenda 2030 coa que se aliña o Concello de Baiona.

Desde a administración local búscase que os baioneses e baionesas poidan sacar peito de pertencer a un concello responsable e referente no tocante ao medio ambiente. Responsable porque nos facemos cargo das emisións de CO2 que xera a actividade profesional e trabállase para reducilas e neutralizala, e referente porque quérese ser un exemplo a nivel rexional e nacional de modelo de xestión municipal que vai por diante en materia de economía circular aplicada á pegada de carbono.

Co lanzamento deste proxecto a administración local conseguirá ademais de preservar e manter os nosos montes, revalorizar o rural e promover a sustentabilidade da industria e comercio do municipio.

O interese demostrado polo tecido empresarial e comercial por este proxecto demostra, o interés común de posicionar a Baiona como un concello concienciado e comprometido co medio.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.