O Alcalde de Baiona, Ángel Rodal Almuiña, e a Concelleira de Educación e Mocidade, Beatriz González Pérez, reuníronse co Alcalde de Pornic, Jean Michel Brard, e a Responsables da área Náutica, Jean Montaville, para empezar a preparar a regata Pornic-Baiona de 2016 e seguir afianzando as lazos entre as dúas vilas mariñeiras, hermanadas desde 1997.
Jean Michel Brand é a primeira vez que visita a nosa vila e aproveitou a ocasión para coñecer ao recien nomeado rexedor baionés.
A Regata Pornic-Baiona-Pornic, celébrase cada 3 anos. É unha regata de ida e volta entre a costa francesa atlántica, Pornic, e a galega do sur, Baiona, púxose en marcha en 1997, aproveitando o irmandamento entre as dúas cidades do Arco Atlántico con moitas similitudes, como o ser localidades con actividade pesqueira, turística e náutico deportiva. Unha regata que se celebra entre estes dous portos, separados por 455 millas náuticas.
Durante o encontro analizouse o éxito, tanto a nivel de organización como de participación, que supuxo para a localidade a edición anterior, no ano 2013, da competición deportiva na que participaron 38 barcos, nos que viaxaron aproximadamente uns 150 tripulantes que estiveron atracadas no porto baionés entre 4 e 6 días? superando así as expectativas iniciais e xerando un importante retorno económico na localidade.
A reunión de traballo serviu, para preparar a próxima edición da regata. Espérase que a edición de 2016 chegue á vila en xullo, o que garantirá dous meses consecutivos de gran afluencia de visitantes, pois en agosto é a quenda das Festas da Anunciada.
Baiona converterase, de novo, en 2016 en capital da vela, unha oportunidade perfecta para xerar actividade económica e comercial.
Durante o encontro do alcalde e o Concelleira de Educación e Mocidade co rexedor francés, tamén se analizou a posibilidade de aproveitar a repercusión que ten este evento para dinamizar desde o Concello outras actividades que favorezan a vinculación dos mozos baioneses co mar a través da Concellería de Actividades Marítimas.




