Esta fin de semana o alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, participou nos actos conmemorativos do 530 Aniversario de Firma das Capitulacións entre os Reis Católicos e o Almirante Cristobal Colón en Santa Fe de la Vega de Granada, municipio co que se atopa hermanado polos seus lazos históricos desde 1994.
Os concellos de Baiona, Santa Fe, Palos de la Frontera e La Gomera, rubricaron o pasado sábado 23 de abril o acordo do proxecto da Ruta Colombina do Encontro entre Tres Mundos. Foi ao final dos actos institucionais cando asinouse o chamado “Manifesto de Baiona”.
A ‘Ruta Colombina do Encontro entre dous mundos’, recolle un itinerario cultural desde Santa Fe a Palos de la Frontera, para seguir por Gran Canaria e La Gomera ata chegar a Guanahaní, considerada a primeira illa na que desembarcou Cristóbal Colón o 12 de outubro de 1942 cando chegou por primeira vez a América. O resto do itinerario seguiría por Cuba, República Dominicana, as Azores, Lisboa e Baiona La Real.
Para o rexedor baionés, “Isto supón a creación dun Proxecto Turístico Internacional que conecte os Pobos Colombinos de España, Sudamérica e África. Con este proxecto ambicioso dotaremos de contido real o irmandamento”
Nun futuro próximo Gómez Prado adianta que “estamos a traballar para incorporar aos concellos das Palmas e o de Granada, que xa mostraron interese neste proxecto tan ambicioso”.
O mandatario quere agradecer persoalmente “ao Cabildo de San Sebastián de la Gomera e ao Goberno Insular das Illas Canarias o involucrarse desde o primeiro momento neste proxecto”. Así mesmo, “pretendemos que a Deputación de Huelva, a de Granada e a de Pontevedra aúnan forzas connosco adheríndose á iniciativa onde o seguinte paso será involucrar tamén ás administracións autonómicas e ao goberno central”.
Entre as pretensións dos Alcaldes asinantes atópase que “o proxecto sexa tratado co maior rigor histórico e cultural que se merece” polo que esperan contar coa colaboración das Universidades de La Laguna, Las Palmas, Granada, Vigo e Santiago.
“Un proxecto o suficientemente ambicioso e co obxectivo de converternos en patrimonio da Unesco. Os Pobos Colombinos meréceno, do mesmo xeito que o fito histórico de hai 529 anos,que cambiou a historia da humanidade e do que Baiona foi o primeiro lugar do mundo en ter coñecemento. Un encontro entre novas culturas, novas sociedades…que hai que seguir impulsando e , se cabe, implicar aínda máis ás diferentes cidades e países. Todo iso atraerá ata Baiona a creación e adaptación de novas infraestruturas tanto públicas como privadas, xerará emprego e retorno económico ademais de axudar a conseguir a desestacionalización do turismo na Villa”, conclúe o rexedor baionés.




