spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona remodelará a contorna do Paseo de Pinzón cos fondos do Plan...

Baiona remodelará a contorna do Paseo de Pinzón cos fondos do Plan Reacpon da Deputación

o-concello-de-baiona-descubrira-unha-placa-conmemorativa-na-estatua-de-pinzon-polo-seu-40-aniversario
Martín Alonso Pinzón

Cun investimento de máis de 1,7 millóns de euros a zona do paseo de Pinzón contará cunha continuidade visual e funcional entre o propio paseo e o parque da Palma

Coa actuación, o paseo de Pinzón contará cunha continuidade visual e funcional entre o propio paseo e o parque da Palma que mellorará as condicións deste espazo urbano para o tránsito peonil. Deste xeito, eliminaranse as oclusións visuais e os elementos de urbanización innecesarios, cunha área de preferencia peonil, continua e compacta.

Ademais, mellorarase o firme dando continuidade ao pavimento de pedra da zona e instalarase unha nova iluminación pública eficiente así como novo mobiliario urbano e sinalización.

Tamén se aumentarán os espazos axardinados e arranxaranse as escaleiras de acceso ao litoral e o muro de contención, amais da instalación dunha rede de rega e de drenaxe e un novo sistema de recollida de pluviais.

Baiona remodelará a contorna do Paseo de Pinzón cos fondos do Plan Reacpon da Deputación
A presidenta Carmela Silva e o alcalde de Baiona Carlos Gómez na sinatura do convenio,
- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.