spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona reabre o Museo da Carabela Pinta con aforo limitado e estritas...

Baiona reabre o Museo da Carabela Pinta con aforo limitado e estritas medidas de seguridade sanitaria

Felipe-Maxestade-Rei-inaugura-Baiona-exposición-50-aniversario-Monte-Real-Club-YatesEste xoves 4 de xuño, o Museo da Carabela Pinta volverá a abrir as súas portas co que Baiona da un paso máis dentro da nova normalidade imposta pola crise sanitaria da COVID-19.

A reapertura deste museo flotante engádese á da Casa da Navegación, hai xa semanas, co que a Concellería de Cultura do Concello de Baiona, que xestiona Miriam Costas, pon a disposición do público dous dos seus máis importantes elementos histórico-culturais

A apertura do museo da Carabela Pinta estará marcada por estritas medidas de seguridade sanitaria, como xa é habitual en todas as instalacións que, de xeito paulatino, vai abrindo ao público o Concello de Baiona.

Así, o aforo estará reducido a un máximo de 12 persoas e as rutas a seguir polos e polas visitantes, tanto no pantalán coma na propia carabela, estarán debidamente marcadas para manter, na medida do posible, a distancia de seguridade recomendada.

No interior da carabela será obrigatorio o uso de máscara de protección e haberá hidroxel para a desinfección das mans. Asemade, lémbrase a prohibición de tocar as pantallas explicativas e o atrezo do barco. Todas estas recomendacións estarán debidamente expostas ao público en carteis indicadores.

Con todas estas medidas “unidas á responsabilidade individual de cada quen –explica a concelleira de Cultura, Miriam Costas– garántese que se poida gozar dun dos elementos históricos máis demandados polos visitantes”.

Horarios

O Museo da Carabela Pinta abrirá de martes a domingos en horario de mañá e tarde. Así os martes, mercores, xoves e venres poderá visitarse entre as 10:00 h e as 11:30 horas e de 12 h a 13:30 horas reservándose a media hora comprendida entre as 11:30 h e as 12 h para traballos de limpeza e desinfección. Polas tardes, o horario será de 16:00 h a 17:30 horas e de 18:00 h a 19:30 horas incluíndo tamén un peche de 30 minutos entre quendas para limpeza.

Os sábados e domingos os horario serán de 10:30 h e as 11:30 horas e de 12 h a 13:30 horas e de 16:30 h a 17:30 horas e de 18:00 h a 19:30 horas.

Finalmente, Miriam Costas, fixo un chamamento “á colaboración de todos e todas á hora de respectar as normas de visita” que, lembrou, “adóptanse para a seguridade tanto dos e das visitantes como do persoal que traballa nesta dotación cultural”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.