spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona promociona a súa gastronomía no II Intercambio de Cociñeiros de Vilas...

Baiona promociona a súa gastronomía no II Intercambio de Cociñeiros de Vilas Mariñeiras

Baiona promociona a súa gastronomía no II Intercambio de Cociñeiros de Vilas MariñeirasO evento tivo lugar na localidade de Laredo (Cantabria) e congregou a unha trintena de comensais para dar boa conta dun suculento menú elaborado a partir de exquisiteces mariñas servidas explotando todo o seu potencial de sabor. De fondo, a intención deliberada de reivindicar unha das fortalezas que caracterizan a uns destinos empeñados en despregar os seus mellores recursos ante uns viaxeiros cada vez máis esixentes.

Bocados de mar e terra con vocación de inesquecibles. Así é a auténtica gastronomía das Vilas Mariñeiras. Un baluarte dos atractivos que reúnen este dez privilexiados enclaves do Atlántico e Cantábrico para seducir irreversiblemente aos seus visitantes. Unha tradición en constante evolución cara a novas propostas que nunca descoida a autenticidade dunha cociña encumbrada a partir de sacar o máximo partido a peixes de inigualable frescura que os fai únicos. Ingredientes infalibles para unha exitosa experiencia que reuniu nos fogóns as culturas gastronómicas cántabra, asturiana e galegas para brindar unha degustación memorable. Co selo de calidade de Vilas Mariñeiras.

A alianza entre os chefs José Molleda do Restaurante “Las Redes”, de San Vicente de la Barquera, e de Ricardo Sotres, do Restaurante “El Retiro” de Pancar, en Llanes, en perfecta sincronización cos alumnos do Departamento de Hostalaría do IES Fonte Fresnedo de Laredo, converteron o comedor do centro educativo nun templo de exaltación das bondades culinarias duns enclaves descaradamente asomados ao mar. Laredo, Santoña, San Vicente de la Barquera, Llanes, Ribadesella, Cudillero, Viveiro, Ortigueira, Sanxenxo e Baiona alardean dunhas materias primas capaces de entusiasmar a quen fan do bo comer unha sa filosofía de vida.
O presidente de Vilas Mariñeiras, Ángel Veiga, deu a benvida aos representantes de medios de comunicación e de distintas entidades vinculadas co ámbito mariñeiro que se converteron en compracidos protagonistas dunha experiencia plena de goces gustativos.

Todos coincidiron en destacar o acerto dunha iniciativa que arrincou o pasado mes de marzo en Sanxenxo e que ten previsto culminar nos próximos meses en Llanes nunha entrega igualmente repleta de alicientes.

O recinto foi decorado cun bodegón no que se mostraron algunhas das exquisiteces que xa forman parte do cartón de visita das distintas Vilas Mariñeiras. Un pequeno cóctel de benvida deu paso a un festival de sorpresas gustativas que desatou os eloxios de todos os congregados.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.