O Concello de Baiona, a través da Concellería de Festexos e a Concellería de Cultura, presentou este mañá no salón de plenos a programación organizada con motivo da campaña de Nadal “BaiNadal 2023-2024”, que contempla numerosas actividades culturais e de lecer para públicos de todos os gustos e todas as idades
O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, e a concelleira de Festexos, Ruth Álvarez González, acompañados por representantes de ACEBA (Asociación de Empresarios e Comerciantes de Baiona), e OVALMI, informaron o detalle da extensa e completa programación que recolle numerosas actividades especialmente pensadas para o público infantil, sendo un dos seus principais obxectivos contribuír á dinamización das zonas comerciais da vila para fomentar as compras do Nadal e o consumo nos comercios e establecementos baioneses.
O rexedor e a edil detallaron as actividades deseñadas desde a Concellería de Festexos e a Concellería de Cultura para a programación do Nadal. Unha programación “na que puxemos todo o noso esforzo e agarimo”.
Por iso, desde ambas as concellerías destaca o mandatario, “fixemos unha aposta potente coidando o noso tecido local. Unha programación que, como non pode ser doutra maneira nestas datas, mira tamén con especial atención á infancia, cun amplo abanico de propostas lúdicas ”.
Espectáculos infantís e familiares, actuacións musicais, festivais variados, pasacalles, cinema de nadal…moito lecer e un Fin de Ano especial
“Desde o Concello de Baiona destacamos o carácter sostible desta programación do Nadal que deseñamos onde hai que sinalar a colaboración público-privada e a participación actividade da veciñanza,as asociacións e as empresas privadas coa institución local. Por tanto falamos de sustentabilidade social, económica e medio ambiental. Neste último punto, gustaríame facer referencia ao concurso de adornos de nadal con materiais reciclados que convocamos por primeira vez e cuxos adornos xa empezan a decorar as nosas rúas e que tivo moita acollida entre os colectivos e as familias do municipio”.
Trátase, en definitiva, conclúe o Alcalde en “fomentar un consumo responsable a través da creación e xogos , adornos do Nadal con materiais de reciclaxe e, por suposto, incidir na importancia de consumir produtos e servizos locais por moitas vantaxes que ten, tanto ambientais, como sociais e económicas. Desde o Concello de Baiona apostamos pola economía azul. Non pode haber crecemento económico sen esta sustentabilidade ambiental e social”.
PROGRAMA COMPLETO DO BAINADAL
Unha parte importante da programación son os espectáculos infantís e familiares, actuacións musicais, festivais variados, pasacalles, cinema de nadal…, que comeza xa o próximo día 3 de decembro e non para ata o 5 de xaneiro e que se desenvolverá na na Praza do Concello, no Multiusos Mercado de Sabarís, na Zona vella ou na o Avenida Julián Valverde de Sabarís.
O aceso da iluminación de nadal será o sábado 9 de decembro ás 20:30h, na praza do concello. Previamente, ambientarase desde as 19:15h co espectáculo de animación infantil “Duendes Locos Navidad”. Despois do aceso poderase gozar da actuación do grupo “Los Lunes al Sol Vigo”.
A nota solidaria da programación terá lugar o venres 15 de decembro xa que se organizou ás 20:00h un Festival de Panxoliñas Benéfico a favor da ONG local “Axuda ao Mundo Necesitado” no que participarán a Coral Polifónica “San Lorenzo de Belesar”; a Coral “ A Cela” de Baredo e a Coral Polifónica“Baiona La Real”.
O domingo 17, o alumnado de 4º da E.S.O, e 2º F.P. do I.E.S. Primiero de Marzo organizan un “Mercadillo de Nadal” na praza do concello con artigos de segunda man, chocolatada, sesión Dj e moitas sorpresas máis desde ás 11:00 ata as 20:00h.
O mércores 20, actividade “A Árbore Sostible do Nadal”, un taller de reciclaxe con xogos familiares e sorteos para o público infantil patrocinado por ECOVIDRIO.
Entre as atraccións do Nadal a destacar, as badaladas de fin de ano que se adiantarán ao venres 29 de decembro na praza do concello. Xa desde as 23:15 crearase ambiente na Zona vella coa actuación de “La Patrulla”. Tras as uvas, ás 00:00 poderase seguir gozando do concerto deste grupo.
Outra das grandes novidades da programación deste ano son os talleres infantís de nadal con materiais reciclados animados con personaxes de Disney que levarán ata as parroquias baionesas.