spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona programa circuítos virtuais en directo para dar a coñecer a Serra...

Baiona programa circuítos virtuais en directo para dar a coñecer a Serra da Groba e os seus “Garranos”

Baiona organiza un Safari Etológico busca dos cabalos salvaxes do Alto da GrobaO Concello de Baiona, a través da Concellería de Turismo, vai realizar este domingo 16 de xullo unha nova campaña de promoción turística dixital que incorpora como principal novidade circuítos virtuais en directo por dar a coñecer  a Serra da Groba e os Cabalos Garranos.

Revista COUSAS DE Nº18

Todo iso co fin de abrirse aos mercados internacionais que se consideran prioritarios polo volume de turistas que poden achegar a Baiona e o seu potencial de crecemento.

Utilizando como principal ferramenta o márketing virtual en vivo con visitas virtuais en directo, con esta iniciativa preténdese atraer á Real Villa novos viaxeiros internacionais e tamén nacionais coa finalidade de que logo visiten presencialmente o destino.

A inserción promocional de Baiona e do seu espectacular entorno natural  como destino turístico na plataforma dixital Youtube,  ofrecerá dous circuítos ou viaxes virtuais en directo a cidadáns de todo o mundo. O deste domingo e do domingo 30 de xullo ambos os dous a conexión será ás 21:30h.  A audiencia adoita ser, maiormente, de EE.UU., Canadá, Reino Unido, Australia ou Nova Zelandia. Tamén de varios países europeos e mesmo de Xapón e China.

Todas aquelas persoas interesadas en coñecer de primeira man o noso maravilloso entrono natural, os nos cabalos salvaxes así como gozar  da nosa magnífica posta de sol desde este enclave do noso monte, poderán conectarse de forma gratuíta en directo este domingo ás 21:30h desde a comodidade da súa casa a través dunha conexión a internet e gozar da emisión. O outro pase en directo será o domingo 30 de xullo. Nas conexions tamén participará Adrián Martíns, ideólogo dos Safari Etolóxico de Garranos pola Serra da Groba.

Os circuitos virtuais teñen unha duración de 90 minutos aproximadamente. Durante o circuito pódese interactuar en directo cos viaxeiros por un chat a tempo real. Elesescriben preguntas e o guía a pé de rúa pódeas ver na pantalla do móbil e contestar en directo, falando e interactuando co público.

Ademais, esta plataforma está dispoñible para todos os públicos polo que viaxeiros nacionais ou mesmo aqueles baioneses e baionesas nostálxicos que non poidan vir ata a nosa Vila poderán gozar en directo do noso entorno.

Enlace desde a plataforma (Youtube)https://www.youtube.com/watch?v=RdtrokT3iEQ

ou a través da seguinte ligazón:  https://www.eatandwalkabout.com/es/espana/experiencias-virtuales/monte-a-groba-caballos-salvajes-espectacular-atardecer-baiona.html

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.