spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona presenta “Ritmos dá Hispanidade", unha programación deseñada para facer partícipe da...

Baiona presenta “Ritmos dá Hispanidade”, unha programación deseñada para facer partícipe da celebración do Día da Hispanidade a toda a cidadanía

Baiona presenta “Ritmos dá Hispanidade", unha programación deseñada para facer partícipe da celebración do día da Hispanidade a toda a cidadaníaA Concellería de Cultura da un paso máis na celebración desta importante efeméride e programa unha fin de semana chea de concertos dedicados a tres países iberoamericanos, Cuba, Brasil e Arxentina, que xogaron un papel fundamental na inmigración galega, enseñanado e divulgando toda a riqueza cultural destes países de acollida.

As veciñas e vecños da Villa, así como todos aqueles que se acheguen a Baiona, poderán gozar de tres días de actividades.

Así o sábado ás 19:00 h, a sesión irá dedicada a Cuba baixo o título “ Cuba en min. A Trova”. O grupo Sueño de Calíope será o encargado de poñer ritmo á tarde cun repertorio homenaxe a destacados compositores de canción tradicional e nuevísima canción cubana, desde Manuel Coroa e Sindo Garay ata José Antonio Quesada e Silvio Rodríguez.

O domingo será o día dedicado a Brasil; ritmos de Bossa nova, samba, tropicalismo poderanse gozar ás 19:00 h da man do concerto de Chá, Cerveja e Violao.

E o propio 12 de outubro celebrarase ás 18:00 h o acto protocolario na praza do Concello para despois gozar do concerto de “Raíces Arxentinas” facendo un percorrido musical pola terra da Prata que abarca desde o tango, a milonga e canción popular.

Todos os actos terán lugar no escenario na Praza do Concello, instalado baixo a carpa que se colocou para que o público poida gozar de maneira segura xa que se controlará o aforo e cumprirase con todas as medidas de seguridade.

O salón de plenos do Concello de Baiona foi o escenario escollido para a presentación de “Ritmos dá Hispanidade”, unha programación deseñada con motivo da celebración do día da Hispanidade. Na rolda de prensa participaron o alcalde, Carlos Gómez, e a concelleira de Cultura, Miriam Mar Costas, o rexedor baionés explicou “que esta programación está diseñeda para achega a celebración da hispanidade a toda a cidadanía”. En concreto, detallou os cambios significativos no acto protocolario do día 12: “ Queremos dar un xiro de 360 graos aos eventos que organiza o concello polo que os habemos deseño para o goce de todos os veciños e veciñas da vila. Para que todo o pobo participe deles. Por iso o día 12 organizamos un acto aberto no que toda a cuidadanía poida gozar. O obxectivo é gozar da Hispanidade todos xuntos. O Concello de Baiona leva celebrando o acto 19 anos e había que darlle unha volta para que todo o pobo puidese participar deste evento, sempre respectando o protocolo, a celebración do día da Hispanidade deixará de ser un acto encorsetado no que participan uns poucos para pasar a ser un acto para todos e todas”.

Baiona ten moitos lazos con América, lazos que foron afianzándose co paso do tempo e coa emigración a Cuba, Arxentina e Uruguai, así como a creación de centros da emigración onde estaba presente a cultura e as tradicións tanto galegas como nacionais, exemplo disto e o Centro Val Miñor de Buenos Aires.O acto de celebración do día da Hispanidade, conta coa colaboración da Deputación Provincial e celébrase en Baiona desde fai 19 anos, debido á relación que Baiona ten con América e coa comunidade colombina, ademais do feito histórico de que Baiona foi o primeiro porto de Europa en ser coñecedor do Descubrimento do Novo Mundo cando chegou ao seu porto a Carabela Pinta ao mando de Martín Alonso Pinzón.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.