spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona presenta Bai Nadal 2024-2025. Ésta é a programación completa

Baiona presenta Bai Nadal 2024-2025. Ésta é a programación completa

baiona-presenta-bai-nadal-2024-2025-esta-e-a-programacion-completaNunha aposta segura pola  dinamización cultural da nosa vila, o Concello de Baiona desvelou o pasado xoves, toda a  programación lúdica e festiva nestas datas de Nadal que terá lugar  durante todo o mes de decembro e primeira semana de xaneiro na Vila  e nas parroquias do Municipio.

Revista Cousas de Nº23

A programación arrinca o xoves 5 de decembro co acendido da iluminación do nadal que comezará ás 19:30h co pasarrúas da batucada Lenha Verde e continuará unha vez se acendan as luces  de Nadal ás 20:30h, co concerto do grupo “Los de Barro” na praza do concello de Baiona ata as 22:30h.

Como ven sendo tradición,  nestas datas o Multiusos de Sabarís acollerá a partir do sábado 14 de decembro, día da inauguración  a tradicional exposición de BELÉNS E O  CONCURSO de MICROBÉNS organizado pola concellería de cultura de Baiona. Estará exposto ata o luns 6 de xaneiro de 2025.

Dous mercadillos de Nadal amenizarán a praza do Concello os días 7 e 15 de decembro a cargo da Asociación Giro´s Danza e da ANPA Balcaxia Primero de Marzo coa venda de produtos de segunda man reciclados, libros, xoguetes, etc e moitas máis sorpresas  como Dj, pintacaras,  baile, chocolatada, etc.

baiona-organiza-un-ano-mais-un-certame-de-micro-belens-en-sabaris
Foto: un dos gañadores da edició 2023

A praza do concello como o ano pasado, centralizará todas as actuación do Nadal, na carpa instalada para acoller todos os eventos lúdicos e de Nadal programados para tal fin; Destacando o Festival de Panxoliñas Benéfico. 1 Kilo de comida a favor da ONG “Axuda ao Mundo Necesitado” o venres 13 de decembro ás 19:00h coas actuacións das corais polifónicas “San Lorenzo de Belesar”, “A Cela de Baredo”, ea “Coral Polifónica Baiona A Real”.

Seguiralle o sábado 14 o Concerto de Nadal do Grupo de Corda e voz “BAIONA BAY”;  e o venres 20 a actuación do  CORO DE HOMES VOCES BAIONESAS co seu tradicional concerto de Nadal.

O sábado 21 terá lugar o concerto de Antonio Barros e iAlma subvencionado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

A través do programa + Escénica da Deputación Provincial de Pontevedra están programadas as actuacións do musical: Aldea Musical de Nadal,  o 23 de decembro,  a actuación de Kote Malabar co seu espectáculo Cirkote o 26 de decembro,  a xa para o 3 de xaneiro terá lugar o espectáculo Globotolo.

O 24 de decembro as parroquias da vila terán a visita  de PAPA NOEL que farán as delicias dos máis cativos , así como O CARTEIRO REAL o 4 de xaneiro,  estará na praza do concello recollendo as cartas de todos aqueles que queiran entregarlla persoalmente.

AS BADALADAS DE PRE FIN DE ANO actividade organizada por ACEBA en colaboración co concello,  están previstas para o sábado 28 de decembro así como a actuación da Banda de Música de Baiona.

NON FALTARÁN OS PASARRÚAS DAS RONDALLAS,  AS CHARANGAS E RANCHOS DE REIS que percorrerán desfilando polas principais rúas da vila. Serán os días 15, 24, 29 y 31 de decembro.

A Festa Infantil de Nadal con obradoiros, bailes, inchables, visita do Grinch e neve artificial que terá luar na Praza do Concello o xoves 2 de xaneiro.

E como remate a esta programación Bainadal, terá lugar a GRAN CABALGATA DE REIS 2025 que sairá dende Ponte Romano ás 17:00h e dende Santa Marta ás 18:00h. Máis de 6 módulos e unha comitiva de 500 persoas acompañarán ás súas maxestades os Reis Magos de Oriente ata a Praza do Concello onde recibirán a todos os nenos e nenas que desexen saudalos.

O alcalde de Baiona destacou na presentación o primeiro concerto que terá lugar no Palco de  música tras a súa restauración integral a cargo da banda de Música de Baiona o día 6 de decembro ás 18:00h. Así mesmo, amosou a súa ledicia polo feito histórico da presentación oficial da primeira Rondalla de Baiona, a Rondalla Airiños da Lagoa de Baíña que estará arroupada pola Rondalla do Centro Cultural A Merced de Chaín o día 15 de decembro  facendo un percorrido polas rúas principais da vila e remantando cun desfile que terá lugar na rúa Carabela Pinta as 12:00h.

Outras das novidades que destacou o alcalde,  foi a Papanoelada moteira solidaria do día 22 de decembro que este ano terá o seu punto de saída e de chegada no parque da Palma con recollida de alimentos destinados a ONG Axuda ao Mundo Necesitado de Baiona

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.