A Concellería de Cultura do Concello de Baiona presentou o pasado xoves a programación cultural para este “verán cheo de esperanzas”
O eslogán da campaña “refúxiate na cultura” do verán pasado “nos vale igualmente para este xa que estamos convencidos de que podemos desfrutar da cultura de forma segura nestes momentos de desescalada, onde é moi importante manter a cabeza fría e non lanzarnos ao loco”, subliñou a concelleira de Cultura, Mirian Costas.
Mantenese o Parque da Palma como centro, pero adiantando o horario ás 21,00h. Este ano ademais da Praza Victoria Cadaval de Sabarís, a parroquia de Baredo acollerá algunha das actuacións musicais ou sesión de cine, descentralizando as actividades e acercándoas ás parroquias en lugares que reúnan os requisitos necesarios para cumprir con todas as medidas de seguridade.
Outra novidade serán os concertos no Xardín de la Biblioteca . O primeiro será en xullo có cuarteto de saxo, formado por un xove veciño noso, e que comeza a súa andadura por o mundo dándose a coñecer e xa con premios recoñecidos a pesar de xuventude dos seus compoñentes. En Agosto outro grupo composto por grandes veciños, “Rock que Mola” farannos desfrutar de época so 50/60 o 20 de Agosto a las 20.30hrs. O atrio de Santa Liberata será tamén escenario para que os grupos folclóricos A Seneira, Escola de Danza Vila de Baiona e Ardelume, poidan ofrecer as súas actuacións.
Centrados nos xoves, os concertos comeezarán cos irmáns Pacheco para ter despois un tributo a Jymy Hendrix continuar con Cherry Sweet e para tocar todos ós ámbitos musicais de todos os públicos traemos a Fresquito e Mango para terminar estes xoves con Xente Tóxica.
No mes de Setembro a aula de teatro de Baiona e o grupo de teatro “Non Sí” dirixidos por Mónica Sueiro, cumpren 15 anos de vida e para celebralo, unha semana está dedicada a eles con o “Baiescénica”. Dentro desta programación haberá de todo; un día adicado a Breveescénica que o encontraremos en distintos enclaves de Baiona; teatro en el auditorio e na Palma; exposición no holl do Concello da mostra de carteleira de Teatro nas paredes e desde logo para nós o mais importante o estreo de la ultima obra dirixida por Mónica Sueiro.
Festas da Anunciada. O xoves arranca no escenario da Palma, cun tributo a Sabina , o venres xa no escenario que se monten as canchas como era habitual teremos ao grupo “Efecto Pasillo” para a xuventude , o sábado xa pensando nun público mais xenérico teremos o grupo “Sober” e o domingo como espectáculo final pensando nos mais pequenos virá Gisela co seu espectáculo KIDS que será as 21.00 na Palma.
E en setembro: “Barbeira Season Fest”, un festival que chegou con ganas de quedarse e va pola súa terceira edición. O primeiro día do festival, o venres, será gratuíto có concerto de “Baiuca”.




