spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona preparada para disfrutar da Romería de San Cosme e San Damián

Baiona preparada para disfrutar da Romería de San Cosme e San Damián

Este luns, 25 de setembro,  e o martes 26, festivo local,  Baiona recupera a celebración da Romaría de San Cosme e San Damián

Revista COUSAS DE Nº18

Os veciños e veciñas poden participar na contorna de Santa Liberata nalgún dos cultos que se celebran en honra aos santos,  gozar das actuacións musicais ou ben para participar no tradicional mercadillo de froitos do campo e produtos outonais. Dous dos produtos estrela serán o mel e as noces da comarca.

Estes días ofícianse actos relixiosos na honra dos santos e como obriga a tradición, algúns romeus ofrecen os seus produtos do campo, figuras de cera e donativos en agradecemento polos favores recibidos.

ROMARÍA DE SAN COSME E SAN DAMIÁN 2014 EN BAIONA, Santa Liberata

Durante dous días a Praza de Santa Liberata convértese nun mercado onde se poden comprar todo tipo de produtos do campo, desde mel e noces ata froitas, verduras, apeiros de labranza, embutidos do país, produtos cosméticos naturais como xabóns, cremas hidratantes, aceites, plantas ornamentais, antiguallas, artesanía, etc. O mercado exténdese tamén pola rúa Marqués de Quintanar ata a Glorieta de Colón.

O Concello de Baiona profunda na súa aposta pola recuperación da gran romaría de San Cosme e San Damián no municipio, con dous días de programación.

As actuacións comezan o luns,  ás 18:30h cun pasarúas polo recinto da Asociación Cultural “ A Seneira”. A partir das 20:30h poderase gozar da actuación da Asociación Folclórica “Vila de Baiona” na Praza de Santa Liberta.

O martes 26, festivo local, o grupo de gaitas “Os Trebellos” de Baíña ofrecerá unha actuación no atrio de Santa Liberata ás 13:00h. Ás 18:00h este mesmo grupo será o encargada de por música co seu pasarrúas polo recinto da festa.

“Os Terribles de Donas” amenizarán ás 19:00h  co seu pasarrúas o recinto da romería.

ACTOS RELIXIOSOS

En canto aos actos relixiosos, o luns, día 26 de setembro (festivo local),  haberá misas ao longo de todo o día: Ás 08:00 e ás 09:00, na Capela de Santa Liberata. Ás 10:00, 12:00 (misa solemne), 18:00 e 20:00 na  Ex-Colexiata de Santa María. A tradicional procesión terá lugar ás 11:00 h acompañada por “Os Trebellos” de Baíña.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.