spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona oferta visitas guiadas gratuítas durante o verán para todos os públicos

Baiona oferta visitas guiadas gratuítas durante o verán para todos os públicos

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Turismo, aposta por diferentes iniciativas coas que dar a coñecer a riqueza patrimonial e cultural do municipio con diferentes programas de visitas gratuítas durante os meses de verán para todos os públicos

Revista Cousas de nº21

Este ano introduce novos itinerarios. Entre eles, e tras a exitosa posta marcha en Semana Santa e no mes de xuño, a concellería dará continuidade durante o verán á nova visita guiada na península de Santa Marta, “Seguindo os pasos de Drake”, orientada a un público infantil para realizar en familia, na que nais, pais e fillos/as participen conxuntamente na visita, pasando un intre agradable coñecendo un pouco da historia local. Esta visita centrarase na chegada do corsario inglés Francis Drake a esa zona e explicaranse os elementos significativos do lugar, todo iso, de forma didáctica a través de xogos, adiviñas,…

Tras a gran acollida entre o público infantil e os seus proxenitores desde a concellería se ha decido ofrecer esta mesma visita ao público adulto en xeral.

VISITAS GUIADAS SEGUINDO OS PASOS DE DRAKE (SANTA MARTA)

O punto de encontro para a saída será no posto de salvamento da praia de Santa Marta ás 11:00 horas. Ofreceranse os seguintes días:

Sábado: 13 (visita público xeneral/adultos) e 27 de xullo(visita infantil) de xullo Sábado: 3 (visita público xeneral/adultos), 17 (visita infantil) e 24 (visita público xeral) de agosto

VISITAS GUIADAS POLA VIRXE DA ROCA

Outras das novidades ofertadas pola concellería de Turismo son as visitas guiadas da Virxe da Roca, uns dos monumentos emblemáticos da vila.

Un guía acompañará aos participantes desde a oficina municipal de turismo durante todo o percorrido ata o monumento. O punto de encontro da saída será os exteriores da oficina de turismo ás 11:00 horas. Ofreceranse os seguintes días: Sábado: 20 xullo e 10 e 31 de agosto.

VISITAS GUIADAS POLO PASEO MONTE BOI

Tras a posta en marcha o pasado verán e despois da gran acollida entre o público volverá o itinerario polo paseo do Monte Boi.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

A actividade terá lugar os venres 5 e 12 de xullo e o 2, 23 e 30 de agosto e consiste nun percorrido circular por todo o paseo para poñer en valor todo o seu patrimonio histórico, tradicional e natural a través de explicacións sobre a Fortaleza e a súa importancia, pero tamén sobre a costa de Baiona, a súa vexetación e curiosidades. O Punto de encontro é o exterior da oficina de turismo de Baiona ás 11:00 horas.

VISITAS GUIADAS AO CENTRO HISTÓRICO

Así mesmo, a cidadanía de Baiona e as persoas visitantes poderán gozar do amplo patrimonio cultural do municipio acompañados por unha guía oficial durante os mércores de xullo e agosto ás 11:00 horas polo Centro histórico de Baiona. No mes de setembro serán os sábados. O punto de encontro para a saída será o exterior da oficina de turismo de Baiona (entrada ao Parador).

Baiona opta de novo a Fondos Next Generation cun proxecto para “Revitalizar o Casco Histórico e que sexa un espazo accecible, dixital e con mellores servizos”

Durante 90 minutos, unha guía oficial de Galicia, acompañará aos participantes durante un interesante percorrido por diferentes lugares emblemáticos da localidade entre os que se atopan o monumento Encuentro Entre Dos Mundos, o Paseo Ribeira e un percorrido polo Centro histórico finalizando no paseo marítimo.

Todas as visitas son gratuítas e é necesaria a inscrición previa na Oficina de Turismo de Baiona no correo electrónico: oficinadeturismo@baiona.gal // Ou chamando ao teléfono: 986 68 70 67

- Publicidade -spot_img