O Concello de Baiona levou a cabo obras de mellora no edificio da Escola Municipal de Música, situado en cálea Alférez Barreiro, 21.
Os traballos coordinados pola Concellería de Cultura en colaboración coa Medio Ambiente, Vías e Obras e Tecnoloxías, execútanse co obxectivo de mellorar a imaxe e as prestacións do inmoble de fronte ao comezo do próximo curso 2023-2024.
As actuacións supoñen unha serie de melloras entre as que se abarca a mellora a conectividade dotando ao ao edificio da wifi de alta velocidade e capacidade. O centro non estaba preparado para a alta densidade de tráfico e concentración de usuarios. O despregamento da rede wifi de alta velocidade e capacidade realizouse polo persoal municipal da concellería de tecnoloxías. O sistema ofrece acceso inalámbrico fiable e de alta calidade nunha contorna de alta densidade e demanda sobre a rede, o que permitirá aumentar exponencialmente o rendemento a rede, ofrecen wifi de alta velocidade a un maior número de usuarios.
Tamén se dotou á escola musical de novos equipos informáticos para as aulas de linguaxe musical e materias colectivas co fin de ampliar e mellorar o uso das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) no centro.
O novo material, que se incorpora ás instalacións con fondos propios do Concello de Baiona, constitúe tres equipos informáticos xeración que serán utilizados nas aulas de linguaxe musical e de clases colectivas do centro coas que se poderán mellorar o uso dos recursos TIC, unha vella demanda realizada desde hai tempo polo profesorado municipal que imparte clases para actualizar e favorecer a aprendizaxe da linguaxe musical e dinamizar as clases. Así este novo curso 2023-2024 a Escola Municipal de Música dará un salto de calidade na impartición da Linguaxe Musical a través dun método no que se combinan o mellor do sistema tradicional coa introdución das novas tecnoloxías, que ten unha gran aceptación entre o alumnado e uns excelentes resultados no campo pedagóxico. Así mesmo, investiuse na compra de tres televisores de sesenta polgadas cun soporte movible para que poidan ser utilizadas nas distintas aulas.
Ademais, procedeuse á retirada dunhas placas de pladur nunha das aulas adaptando o espazo á superficie e forma, o que axudou a optimizar o espazo ampliando a sala.
Tamén se realizou a limpeza e arranxos no xardín da entrada do edificio. Dotouse ao espazo axardinado dunha nova rega automática, procedeuse ao cambio da malla antihierba e renovouse toda a ornamentación e as plantas da zona axardinada.
O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, sinala que “ Se tratan de vellas demandas realizadas desde hai tempo tanto polo profesorado municipal que imparte clases como polo alumnado. Con todas estas melloras a Escola Municipal de Baiona adáptase ás novas tecnoloxías e actualízase para favorecer a aprendizaxe da linguaxe musical e dinamizar as clases, producíndose así un importante salto cualitativo na aprendizaxe do alumnado así como nas instalacións municipais”.