spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona homenaxea aos campións do mundo de dardos

Baiona homenaxea aos campións do mundo de dardos

baiona-homenaxea-aos-campions-do-mundo-de-dardosIago Farto e Mauro Pazos, ambos os residentes en Baiona e, coñecidos no ámbito competitivo como Trafalgar e Mauro, lograron o título de campións do mundo na categoría dúo do prestixioso torneo Phoenix Darts nun evento celebrado por vez primeira en Europa, na cidade da Coruña.

Revista Cousas de Nº24

Ambos foron recibidos no concello polo alcalde Jesús Vázquez Almuiña e a concelleira de Deportes Ana María Iglesias, agradecendo a dedicación e a implicación nesta afección que desexamos que pronto sexa deporte.

Desde o seu club, o Tabu Darts de Baiona, están convencidos que este éxito non só representa un orgullo, senón que supón un impulso para a práctica dos dardos en toda a zona. Unha práctica que reduce #o #estrés, favorece a concentración, mellora as habilidades sociais, reforza o pensamento estratéxico, a autoestima e as habilidades non verbais. Pero para os dardistas esixe dedicación e esforzo, polo que agradecen o respaldo brindado polas autoridades municipais e que, teñen claro, servirá para animar a outros mozos, e non tan novos, a seguir o seu exemplo garantindo un futuro prometedor.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.