spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona celebra 10º aniversario declaración da Festa da Arribada como Festa de...

Baiona celebra 10º aniversario declaración da Festa da Arribada como Festa de Interese Turístico Internacional

baiona-celebra-o-10o-aniversario-da-declaracion-da-festa-da-arribada-como-festa-de-interese-turistico-internacionalBaiona celebra o 10º aniversario da declaración da Festa da Arribada como Festa de Interese Turístico Internacional e con tal motivo o Concello de Baiona convida a todos os veciños e visitantes a participar no acto conmemorativo, que terá lugar o venres 14 de novembro ás 19:00 h na Capitanía Marítima.

Este encontro contará cunha mesa redonda participada por institucións públicas de Baiona, Turismo Rías Baixas, persoal funcionario, asociacións, empresarios e veciños, que foron parte activa no desenvolvemento e consolidación desta festa desde os seus inicios ata hoxe, e que seguirán traballando para garantir o seu futuro.

A Festa da Arribada non é só unha celebración: é o reflexo da nosa historia, o recordo daquela carabela que chegou ás nosas costas anunciando ao mundo un novo tempo, e que marcou tamén o inicio do desenvolvemento da vila de Baiona.

Hoxe, esa mesma chegada simboliza o punto de partida da tempada turística, converténdose nun motor esencial para a economía local e nun elemento de orgullo e identidade colectiva.

Desde o Concello de Baiona queren trasladar á cidadanía que a “Arribada é moito máis que unha festa: é parte do noso patrimonio, un símbolo do noso pasado e unha aposta decidida polo futuro da nosa vila, pola súa proxección turística, cultural e social polo que animamos a achegarse e compartir connosco este momento especial de recordo, reflexión e orgullo baionés.”

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.